Este congreso, que se celebrou en Madrid do 24 ao 27 de novembro, é que un dos eventos máis relevantes dentro do panorama ambiental español con milleiros de participantes foi o escenario onde se fixo efectivo este recoñecemento honorífico que distingue as mellores iniciativas de ámbito local a favor da sostibilidade [1], dando visibilidade aos proxectos que poden servir de exemplo a outras localidades. É a segunda vez este ano que Amigos da Terra e o seu centro de educación ambiental reciben un premio de sostibilidade: o primeiro premio do ano foi un galardón internacional outorgado pola rede de albergues «Hostelling International».
A decisión do xurado, experto en sostibilidade, é un recoñecemento máis ao labor que Amigos da Terra desenvolve dende hai máis de 10 anos apostando por este proxecto, unha referencia en sostibilidade e enerxías renovables propiedade da Deputación de Ourense pero xestionado dende a súa concepción polo noso asociación ecoloxista sendo un dos nosos máximos emblemas de proxección de valores e coherencia ambiental que defendemos. É tamén un orgullo para a nosa organización traer por vez primeira a Galicia este premio que se convoca anualmente dende o ano 2008.
Toda a produción enerxética do albergue, situado na Serra de San Mamede, Ourense, provén exclusivamente de enerxías renovables, o que lle permite funcionar á marxe da rede eléctrica convencional, conformando o que se coñece como unha «illa enerxética» todos os meses do ano. O centro respecta os criterios de bioconstrucción e toda a súa produción eléctrica procede dun mix de fontes de enerxía renovable, composto por placas solares fotovoltaicas, paneis solares de convección, un eólico de pequena potencia e unha microturbina hidráulica.
Á súa vez, os talleres, cursos e visitas que teñen lugar no centro buscan concienciar á cidadanía sobre alternativas para avanzar cara a unha sociedade xusta e sostible. Seminarios de enerxías renovables, bioconstrucción, agricultura ecolóxica, permacultura ou fitodepuración de augas, son só algunhas das actividades que converten ao centro nun exemplo de sostibilidade tanto na teoría coma na práctica. «O proxecto ten como base mostrar alternativas prácticas, concretas e eficaces para minimizar o noso impacto ambiental e social entre diferentes sectores da poboación, co obxectivo de incorporalas á nosa toma de decisións. Ás Corcerizas é un reto, un proxecto transformador e exemplificante, unha aposta de Amigos da Terra para demostrar que un novo modelo de desenvolvemento, baseado en criterios de sostibilidade, é posible,» sinalou Paula Vidal, directora do centro As Corcerizas.