Según informou o gobierno autonómico, para execución das obras, tal e como están a ser proxectadas, será necesaria a expropiación de 2.931,4 m2 de terreo, distribuídos en 40 predios. O proxecto de trazado foi aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas, quen licitou as obras o pasado 29 de outubro.
Coa aprobación deste decreto péchase o trámite para a disposición dos terreos necesarios para que a Xunta de Galicia execute mellora desta vía para a súa conexión co Hospital de Vigo, que se iniciará en 2015. Na actualidade, estanse a analizar as 19 ofertas recibidas, co fin de adxudicar a finais deste ano, principios de 2015.
O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación a esta sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.
A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), e prevese a construción dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta vía bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como ramal de servizo ata á entrada principal do Hospital. Así, a avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido, outros dous carrís de acceso ao centro.
Beneficios para os cidadáns
Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida. Así, a poboación dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo veranse beneficiados.
Para complementar a obra, permitindo un cambio de sentido, executarase unha nova glorieta con dous carrís de 4 metros de largo, unha beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital.