Infantil feminino: Galicia, 34-Madrid, 21. Partido igualado na primeira parte, en parte debido aos erros defensivos do equipo galego. Pero na segunda metade, as xogadoras de Alejandro Ocampo foron quen de solucionar estes problemas defensivos e así lograron unha cómoda vitoria na segunda parte. Este sábado, segunda xornada do campionato fronte a Navarra (16:00 horas).
Goleadoras: Goreti Miguel (2), Sarai Espiñeira (2), Sandra Blanco (1), Aitana Santomé (7), Andrea Fernández (8), Celia Pedreira (6), Sandra Sánchez (3), Ángela Rodríguez (2), Ruth Sánchez (1), Sara López (2).
Infantil masculino: Galicia, 27-Aragón, 25. Partido moi competido no que Galicia levou a iniciativa dende o primeiro momento pero sen grandes vantaxes no marcador. Ao descanso, 15-12 para os rapaces de Andrés Martínez. No comezo da segunda parte, Galicia axustou a súa defensa e así logrou unha vantaxe de cinco goles. A pesar de que Aragón logrou ir recortando distancias no marcador, a vitoria non estivo en perigo. Roi Serra, con 10 goles, foi o xogador máis destacado. Este sábado xogarán contra Castela a Mancha (10:00 horas).
Goleadores: Eduardo Cousillas (1), Bruno Cela (1), Antonio Branco (1), Rubén Fernández (2), Brais González (5), Mario Chan (2), Andrés Alonso (4), Roi Sierra (10), Mateo Arias (1).
Cadete feminino: Galicia, 27-Euskadi, 20. Primeira parte moi igualada, na que se notaron os nervios por parte de ambos os dous equipos o que provocaba algúns erros tanto en defensa coma en ataque. Despois de ir ao descanso con igualdade no marcador, as galegas conseguiron consolidar a súa defensa e alporizar ao conxunto vasco, que non atopaba a forma de atacar. Ao final, 27-20 para as galegas. Este sábado, Galicia xogará contra Valencia ás 18:00 horas.
Goleadoras: Raquel Sineiro (2), Anabel (1), Zara (1), Uxía (2), Ana (5), Carmen Prelchi (10) e Marta (6).
Cadete masculino: Galicia, 27-Asturias, 31. O partido comezou igualado, con pequenas vantaxes para ambos equipos no marcador. Pero a partir do minuto 15, Asturias comeza a defender con moita intensidade e logra escaparse no marcador. Ao descanso: 12-18. No inicio da segunda metade, Galicia segue frouxa en defensa, ata mediado o segundo período, onde atopa a súa mellor defensa e chega a poñerse a tres goles. Pero non foi suficiente para acadar un resultado positivo. Ao final, 27- 31 para Asturias. Este sábado, importantísimo partido contra Andalucía a partir das 10:00 horas. Os andaluces este venres lograron unha amplísima vitoria fronte a Canarias (21-43).
Goleadores: José Leiras (6), Pedro Toimil (2), Juan Carlos Rodríguez (3), Aresio Rosende (2), Carlos Vilanova (7), Sergio Lorenzo (1), Alejandro Gómez (1), Daniel Ramos (2), Miguel Pousa (3).
Xuvenil feminino: Galicia, 24-Valencia, 29. Partido moi igualado no que as valencianas estiveron por enriba no marcador durante todo o encontro, aínda que as nosas non baixaron a cabeza en ningún momento. Ao descanso 12-16. Na segunda parte, Galicia conseguiu achegarse no marcador e, mesmo, dispuxeron da oportunidade de empatar o encontro. Finalmente, un par de perdidas deixaron que Valencia ampliase a súa vantaxe no marcador, que non reflicte o sucedido na cancha. Na segunda xornada, o equipo de Ismael Martínez xogará contra Asturias (16:00 horas).
Goleadoras: Inés (2), Gemma (8), Cova (4), Nuria (3), Sara Carril (1), Sandra (4), Laura Rúa (2).
Xuvenil masculino: Galicia, 41- Castela a Mancha, 33. Comezo frouxo de Galicia que comezou perdendo no marcador (1-5, min. 5; 5-7, min. 10), ata que foi quen de igualalo no minuto 15. Pouco a pouco foi asentándose no partido, e así logrou chegar ao descanso xa con clara vantaxe (21-14). Na segunda parte, dominou con claridade grazas ao bo traballo defensivo e as transicións. Na segunda xornada do campionato Galicia terá que enfrontarse a Castela e León, unha das favoritas tal e como amosou este venres contra Andalucía (19-23).
Goleadores: Felipe (5), Aser (2), Anxo (3), Román (4), Antón (1), Arón (4), Nacho (1), Rubén (2), Iván (7), Barco (1), David (10), Samuel (1).