Caballero estará na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) para presentar a campaña de promoción das Cíes no stand de Galicia. Tal e como explicou en declaracións aos medios, o próximo venres 30 de xaneiro membros do goberno local, encabezados polo rexedor, promocionarán Vigo acompañados dunha representación de axentes sociais como axencias de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación. Segundo detallou, exhibirase un vídeo, ademais de repartir folletos sobre o arquipélago, o segundo destino turítico máis importante de Galicia e un dos mellores a nivel de todo o país, engadiu.
Esta promoción continuará, segundo explicou, cun espectáculo musical previsto o 20 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo no que actuarán a Coral Casablanca, a Orquesta 430 e Sonseseu.