Tamén se colocará rede de saneamento de pluviais para obter unha rede separativa de saneamento. A rúa contará con nove novas luminarias, papeleiras, bancos, arbolado e zonas verdes axardinadas. Ademais, tamén se instalarán elementos de eficiencia enerxética, con lámparas de vapor de sodio de alta presión.
En declaracións aos medios, o rexedor indicou que este martes comezou a humanización de María Berdiales, lembrando que a partir do xoves 12 arrancarán na terceira fase de Aragón, así como as primeiras fases de Gregorio Espino e Gerona. Respecto da afección das obras na circulación pola cidade, Caballero constatou o peche ao tráfico de Camelias, así como restriccións en Rosalía de Castro e María Berdiales.
Nestes momentos, precisou, o Concello ten en marcha máis de 80 obras por toda a cidade, entre as que destacou: García Barbón (entre Serafín Avendaño y República Argentina); Rosalía de Castro (entre Canceleiro e República Argentina); Camelias (fase 3, entre Plaza América e Plaza Independencia); Toledo e o seu contorno; Santa Mariña; Pedreira (fase 2); Subida á Madroa ; Manuel Costas Bastos; Subida a Mouteira; Seixo; Sampaio Roteas, Abaixo e Subida, Gandarón, Camiño Fermín y Bagunda; Camiño Fondo; Doctor Canoa; Coutadas; accesos ao pavillón de Coruxo; Camiño Gándara; Atlántida; Estrada da Balsa; rúa Bravo; Camiño Oia; Rozo; rúa Eira Vella; Subida a Rola; Estrada Marco; Camiño Pinguela; San Cosme; Alonso Ojeda; Martínez Garrido; Baixada a Rios; Doctor Corbal; Estadio de Balaídos; cuberta Escaleras mecánicas; Ramón Nieto, (frente ao mercado); Saa; Juan Ramón Jiménez; Pazos Entronque; Hispanidad; Avda Castrelos e Baixada Mestre Chané.