Fernández Bouzas falou con Vigo Última Hora minutos despois de que se iniciaran as rutas organizadas pola Xunta de Galicia baixo a iniciativa «Unha viaxe no tempo». A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada por la delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o propio director do parque acudiron este sábado á posta en marcha da ruta.
«Dado o éxito da primeira oferta, que esgotou as prazas en tan só 48 horas con preto de 40 participantes haberá unha nova convocatoria neste inverno», sinalou a conselleira. Trátase dunha iniciativa que pon en marcha o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por segundo ano consecutivo e que ten por obxectivo descubrir o patrimonio natural deste parque natural fóra dos meses estivais, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista
O Concello xa anunciou días atrás que ao longo do inverno porá disposición dos visitantes barcos para poder visitar as illas e a Xunta tamén comprometeuse este sábado a apoiar a candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. Os recursos naturais da Ría de Vigo non están aproveitados, admitiu Fernández Bouzas, que considera necesario organizar percorridos como xa ocurre na Ría de Arousa.
Pola súa banda, a conselleira salientou que se trata dunha actividade de carácter divulgativo que ten como obxectivo principal dar o coñecer as rutas máis característicos das illas que forman o Parque natural; ao tempo que se conciencia da importancia do coidado e a conservación dun enclave natural inigualable, como é o caso das Illas Cíes.
Argumentou que se os galegos se animan a coñecer os valores paisaxísticos e a flora e a fauna do Parque nacional marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tamén se incentivará a súa conciencia sobre a importancia da preservación da riqueza natural de Galicia.
Salientou que en total organízanse cinco rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, xa que – xunto coa de hoxe- celebrarase outra este mesmo mes á Illa de Sálvora, mentres que en marzo se prevé unha á Illa de Ons e dúas rutas á de Cortegada. Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido