As obras de rehabilitación das dúas promocións estarán rematadas esta mesma primavera e, deste xeito, o Consorcio solicita xa ao IGVS que inicie o procedemento de adxudicación destas novas vivendas para que os pisos resultantes poidan ser sorteados neste mesmo ano 2015.
Estas dúas promocións ubicadas na parta alta do Casco Vello están actualmente en obras e, segundo os prazos estimados, estarán rematadas durante o mes de abril. Nese momento, e tras investir máis de 1 millón de euros na recuperación dos 5 inmobles que estaban completamente degradados e abandonados cando foron adquiridos, estarán listos xa outros 8 pisos de protección autonómica así coma outros 4 locais comerciais.
As 8 VPA contarán con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. No caso dos locais comerciais, as superficies útiles están entre 17,87 m2 e 61,96 m2.
O prezo destas novas 8 vivendas estará entre 80.388,00 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701,00 euros (sen IVE)
Características das 8 VPA:
-San Sebastián 24-26 (4 VPA):
1 vivenda A (planta baixa): 1 dormitorio. Superficie útil: 61,96 m2.
Prezo: 89.842,00 euros.
1 vivenda B (planta primeira e segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 72,65 m2.
Prezo: 105.342,50 euros.
1 vivenda C (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,86 m2.
Prezo: 83.897,00 euros.
1 vivenda D (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 60,41 m2.
Prezo: 87.594,50 euros
-Ferrería 3-5-7 (4 VPA):
1 vivenda 1º A (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,88 m2.
Prezo: 81.026,00 euros
1 vivenda 1º B (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,34 m2.
Prezo: 83.143,00 euros
1 vivenda 2º A (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,44 m2.
Prezo: 80.388,00 euros
1 vivenda 2º B (planta segunda): 3 dormitorios. Superficie útil: 87,38 m2.
Prezo: 126.701,00 euros.
Estas dúas promocións forman parte da sexta fase de posta no mercado de máis vivendas por parte do CCVV. O organismo, a través do IGVS, xa sorteou un total de 64 VPA nas diferentes fases desenvolvidas desde o inicio do proceso comezado no ano 2011. Grazas aos mesmos, son 61 as novas familias que xa residen no barrio histórico.
A día de hoxe, o organismo segue adiante co proceso de adxudicación da quinta fase, a correspondente á outras 10 VPA do cuarteirón Castelo San Sebastián: San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7. Nestes momentos xa está publicada á lista provisional de admitidos e excluídos para o sorteo do IGVS que se celebrará nas vindeiras semanas. As VPA contan cun dormitorio e con superficies que van desde os 46,24 m2 aos 68,20 m2. O prezo da vivenda máis barata é de 67.048,00 euros, mentres que a máis cara é de 109.120,00 euros.
Segundo as previsións do CCVV, este 2015 serán sorteadas un total de 18 novos pisos de protección: 10 pertencentes a esta quinta fase xa en marcha e as 8 novas cuxo proceso de venta acaba de obter o visto bo hoxe mesmo por parte do Consello de Administración do Consorcio.
Ademais deste novo sorteo, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 3 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
Balance actual de actividade
O CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas -74 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 23 locais comerciais -15 xa teñen actividade empresarial, 2 abrirán proximamente, outros 4 sairán a concurso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos que abrirá nas vindeiras datas-.
10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.
Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras 6 VPA e 2 locais comerciais.