O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva; a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a deputada provincial Marta Iglesias, ademáis de edís da Corporación viguesa.
Segundo informou o Concello, Abel Caballero afirmou que a Fundación Menela, próxima a cumprir catro décadas, son «pioneiros» na atención ás familias e aos afectados polo autismo e teñen «todo o noso apoio e cooperación» xa que realizan unha función «da maior importancia». O alcalde quixo «transmitir o noso apoio ao proceso de concienciación sobre o autismo», obxectivo da xornada celebrada esta mañá no auditorio municipal do Concello.
O acto contou coa actuación da Orquestra Castro Navas e varias accións de sensibilización, concienciación e reivindicación protagonizadas polos propios rapaces, continuadas pola lectura conxunta dun manifesto.