Este ano a programación da Miteu inclúe, por primeira vez, un documental. Estreado a finais de 2014 no Teatro Rosalía de Castro da A Coruña e dirixido por Iago Vázquez, este documento fala do teatro galego desde os anos 60 ata a fin do pasado século, abordando temas tan actuais como a “eterna” crise das artes escénicas galegas, a relación entre os compañeiros de profesión, a creación de escolas de arte dramática, os problemas na distribución das funcións, etc. A historia xira arredor das pescudas de Uxía, a filla de Tuto e Mariajo -dous actores falecidos-, dos que quere saber máis, facendo así unha viaxe histórica e emocional a través dos compañeiros dos seus país, achegándonos á historia do teatro galego daquela época.