O II torneo sub-22 masculino converteuse na mellor opción de postempada para os clubs galegos. Concretamente, son oito equipos os participantes: Seis do Nadal, Club Ourense Baloncesto, Rosalía de Santiago, VGO Basket, CB Vilagarcía, BásquetCoruña e Estudiantes de Lugo con dous combinados.
Serán tres as concentracións que terán lugar neste torneo: a pasada fin de semana do 30 de maio en Vigo e Santiago, a do 13 de xuño en Ourense e Vilagarcía e a do 27 de xuño en A Coruña e Lugo. O Seis do Nadal Coia participará nas concentracións que terán lugar en Vigo, Ourense e Lugo, cun formato de semifinais e final, que reunirán a catro equipos que competirán en cada sede.
A primeira cita do torneo tivo lugar o pasado domingo 31 de maio en Vigo nos pavillóns de Navia, pola mañá, e Berbés, na xornada de tarde. Os equipos que participaron nesta concentración foron o Sigaltec de Vilagarcía, VGO Basket, Basket Coruña e Seis do Nadal. Os coruñeses foron os gañadores deste evento.
No apartado feminino, o Celta Selmark foi o vencedor das súas concentracións, polo que disputará a final o próximo domingo en Pontevedra, ante o Ensino de Lugo. As viguesas superaron a tódolos equipos ós que se enfrentaron, Arxil pontevedrés, Pío XII e Peleteiro de Santiago e Basket Coruña.
Este é un torneo no que participan xogadores e xogadoras por debaixo dos 22 anos, polo que no caso do Celta forman a plantilla xogadores xuvenís e catro senior. Nos entrenamentos tamén están as cadetes, aunque non poden participar no torneo. O adestrador Nacho Silva reconoce que «é unha boa forma de finalizar unha tempada. Podes seguir traballando coas xogadoras máis novas e por en práctica o ensinado neste tempo».
Pola súa parte, o Seis do Nadal cadete proclamouse campión da Copa Primavera cadete masculina organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto.
O equipo de Coia estivo encadrado no Grupo «B» da primeira fase da competición xunto a Novobásket Amarillo, PBB «B» e Compañía de María. Nesta primeira fase conseguiu un balance de tres vitorias nos tres partidos xogados, balance que lle outorgaba o primeiro posto do grupo e unha das prazas na final. A final enfrontou ó Seis do Nadal «C» e ó CB Baiona Torvigo, primeiro clasificado do Grupo «A». No partido de ida disputado no pavillón municipal de Baiona o conxunto do Seis do Nadal conseguía unha vitoria (51-63), que foi confirmada no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal (56-36).