A Feira, na que os libreiros teñen depositadas as súas esperanzas tras unha tímida recuperación do sector, trasladouse por primeira vez á rúa Progreso, detrás do museo Marco, deixando o seu espazo habitual na Praza de Compostela.
Reivindicando o papel ante os soportes electrónicos pero sen loitar contra éstes, os autores presentarán ata o vindeiro 12 de xullo as novedades editoriais e conversarán cos lectores, achegando os seus traballos á rúa. Organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, conta con un intenso programa de actividades. Deixamos o programa deste venres aquí abaixo e o programa completo, baixo estas liñas en formato PDF.