Co patrocinio total do Concello de Vigo, envorcado con este deporte olímpico, esta competición, cuxa primeira edición data de 1958, presume de elevada cifra de participantes. «Temos un cartel de auténtica excelencia e 200 inscritos», significou Manel Fernández, concelleiro de Deportes, que estivo acompañado na rolda de prensa por José Ángel Serantes, presidente do Celta de atletismo, e por Cristina Estévez, directiva do Atletismo Feminino Celta, clubs encargados da organización do evento por vez primeira.
Según indicou o edil, «a competición é un excelente banco de probas para os mellores atletas de toda Galicia á espera do Campionato de España absoluto» (1 e 2 de agosto en Castellón). O concelleiro non dubidou sobre a calidade dos inscritos, «que farán todos os esforzos para conseguir os premios». Ademais, Manel Fernández espera que dada a calidade dos atletas «en Balaídos se rexistren as mellores marcas posibles».
O programa recolle a celebración de 14 probas máis unha de relevos de exhibición (10×300 metros). No programa haberá 7 probas femininas (100, 300, 400, 800 e 3.000 lisos, lonxitude e xavelina), 6 masculinas (100, 300, 400 e 1.500, martelo e lonxitude) e unha mixta (pértega).
Destaca a proba de martelo, con Isaac Vicente (número 2 del ránking nacional), Cristóbal Almudí (número 6) o Pablo Denís (número 11). Nos 100 metros lisos masculinos, Javier Cancela e Adrián Pérez (números 2 e 3 do ránking galego), Santiago Díaz e Darío Costas, campión de España júnior en decatlón. «Teremos atletas referentes dos ránkings nacionais», sostuvo Manel Fernández. Nos 800 femininos están inscritas Jenny Fernández (campioa de España promesa en pista cuberta), Leticia Fernández e Rocío Rodríguez, todas elas en gran forma. A organización espera delas grandes marcas. O programa rematará coas finais de 100 metros (21:15 horas) e a proba de exhibición (21:30).
«Creemos que o Concello fai ben en apostar polo traballo de base», indicou Serantes, que lembrou que o Gran Premio alcanzou o seu esplendor en 1991 como mitin internacional pero que agora esa opción é prohibitiva. Así, manifestou que o Cidade de Vigo actual «é a mellor competición que hai en Galicia» e á que acode xente de «máximo nivel autonómico e tamén nacional.
Serantes, que advertiu que as probas do hectómetro darán moito de si porque «hai un repunte da velocidade en Galicia», tamén anunciou que a exhibición final de 10×300, novidosa, pode causar sensación. «Para os atletas vai ser un bo adestramento», dixo con certa ironía. Será unha proba moi esixente: cada atleta correrá ata 10 series de 300 metros, cunha recuperación mínima de dous minutos de descanso entre cada unha, e o que remate no derradeiro lugar ou nos dous últimos de cada rolda irán sendo eliminados ata a serie final, na que quedarán de catro a seis participantes. «Queriamos facer algo distinto».
Estévez, pola súa banda, dixo que a data do mitin é ideal: «Chega unha semana antes do Galego, a dúas semanas do Campionato de España por autonomías e a tres do Nacional individual», augurando a predisposición dos atletas a «facer boas marcas e mínimas» para entrar nas vindeiras citas oficiais.
As dúas célticas que acudiron, Esther Navarrete e Beatriz Viteri, aplaudiron que en Vigo se celebre este evento. Viteri, especialista en pértega, deulle máximo valor ao certamen: «Para certas disciplinas é complicado conseguir unha competición de nivel; estes mítines son necesarios para poder entrar en modo de competición. Estamos encantadas de poder gozar na nosa casa dunha proba como non hai outra en Galicia».