A coruñesa Yolanda Parga, que foi asistente na final do Mundial Feminino, encabezou a representanción galega, completada coa lucense Tania Fente (será asistente este ano en Segunda B) e a ourensana afincada en Vigo Zulema González, que será na próxima campaña a primeira árbitra galega da historia en categoría nacional logo do seu brillante ascenso a 3ª División.
Zulema González (que alcanzou tamén a categoría nacional en fútbol praia) é sobriña de Manuel González (que foi asistente de Segunda División) e de Bernardino González (ex árbitro internacional e na actualidade delegado para a UEFA e a Federación Española de Fútbol).
González, nacida en Ourense en 1992, ten un brillante futuro por diante e espera poder seguir subindo chanzos no mundo do fútbol masculino, ata agora un territorio practicamente vedado para as mulleres.
As tres van a participar a vindeira fin de semana no clinic que organiza o Comité Galego de Árbitros en Cabeza de Manzaneda.