Abel Caballero puxo en valor a figura de Xaime Isla Couto como impulsor cultural e intelectual e animou á cidadanía a que visite a mostra para coñecer de primeira man a súa vida e obra.
No acto de apertura da exposición estiveron presentes Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Xosé Luís Pastoriza, comisario da mostra, que estará aberta durante un mes, ata o vindeiro 2 de novembro.