A Xunta prevé que a mediados da vindeira semana, Empresa Raúl tamén comezará a operar dende os concellos do Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Ademais, esta empresa reforzará servizos en Ponteareas, As Neves, O Porriño, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Mos. Deste xeito, Mos contará con servizos dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga. Os concellos de Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas agora só contan con servizos dende parroquias e pasarán a contar con servizos dende o núcleo.
Dende a Dirección Xeral de Mobilidade destácase que con estas novas autorizacións, 20 concellos, ademais de Vigo, terán transporte directo ao novo hospital, sendo o complexo cunha maior cobertura xeográfica de transporte directo de toda a comunidade.
Cómpre lembrar que dende o mes de Xullo, co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo hospital, grazas ás modificacións dos contratos de Melytour, ATSA, Empresa Ojea e Autoindustrial, que prestan servizos aos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Arbo.
No relativo ao transporte ao Morrazo, o servizo de Mobilidade de Pontevedra está a analizar a proposta de Transportes La Unión de servizos directos dende Cangas e Moaña ata o novo hospital.
Nos seguintes cadros indícanse os horarios das novas conexións, nas que a liña con saída de Fornelos de Montes pasa por Pazos de Borbén e Redondela:
Horarios cara ao hospital
Fornelos |
Pazos de Borbén |
Redondela |
07:00 |
||
07:30 |
07:45 |
08:00 |
14:00 |
||
14:40 |
14:55 |
15:10 |
Horarios volta do hospital
11:30 |
A Fornelos por Redondela y Pazos |
15:05 |
A Redondela |
18:45 |
A Fornelos por Redondela y Pazos |
22:00 |
A Redondela |