O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, decidiu convertir un proxecto de hospital público que ía ter custe de 450 millóns de euros con intereses e a pagar en 15 anos en un hospital de xestión privada recortado en camas 8 (de 1.465 pasa a 845), reducindo espazos, quirófanos, servizos e privatizando traballadores e determinados servizos como o aparcadoiro e convertindo o Álvaro Cunqueiro nun grande… centro comercial e elevando o custe en casi 1.000 millóns de euros. É dicir menos hospital, máis privado, máis copagos e máis caro.
Para dirixir tan descalabro, puxeron o fronte do hospital a Félix Rubial, ata o momento director de asistencia sanitaria, ben relacionado co sector privado e o ideólogo do decreto de xestión clínica, creado para fragmentar primeiro e privatizar despois os sectores públicos mais rendibles económicamente. A folga de CCOO, CIG e CEMS-OMEGA o impediu. Félix Rubial foi o que trasladou 300.000 usuarios de Pontevedra e Vilagarcía que tiñan Vigo como referencia en Cirurxía Cardíaca, Torácica… a Santiago. Prometeu que regresarían co novo hospital e que como era de prever, outra promesa incumprida.
Félix Rubial intentou calmar as protestas da cidadanía e traballadores ocultando a realidade do hospital e convetíndose nun «falabarato» e en todo caso non esixindo da concesionaria cumprir mellor cos doentes: dietas, parking, roupa, material e non cumprindo él no capítulo de ratios de persoal, formación e coñecemento, reclamacións no traslado e problemas diarios, etc.
A CCOO, parécenos ben, ainda que tarde o cese da conselleira Mosquera. Agora toca o turno de Rubial e abrir una mesa de diálogo do presidente da Xunta cos sindicatos e demáis forzas sociais. Vigo necesita un acordo pola saúde novo que dea solución o Álvaro Cunqueiro, e a toda a área sanitaria.
A manifestación do 3 de setembro foi un grito forte, reivindicativo e solidario, para defender a sanidade de todos. As movilizacións teñen que servir para cambiar o rumbo e o pernicioso modelo sanitario instadado en Vigo. Seguiremos loitando por un hospital público, sen copagos e coas camas previstas para atender aos 560.000 habitantes desta área sanitaria.
Angel Cameselle
Secretario Xeral FSS -Galicia de CCOO