Do 2 ao 6 de novembro entre as 09:00 e as 15:00 horas os usuarios do autobús urbano da liña C1 verán amenizado o traxecto coa música en directo do compositor vigués. Leví ofrecerá 5 pases durante a xornada da mañá para dar a coñecer o seu último traballo.
Con este tipo de iniciativas Vitrasa quere apoiar aos artistas locais na difusión dos seus proxectos. Samuel Leví, é o único músico premiado coa prestixiosa Beca MAEC-AECID para a Real Academia de España en Roma no 2015, recibiu varios premios musicais e literarios. Foi o primeiro músico vigués en dar un concerto no Palacio de Congresos-Auditorio “Mar de Vigo”.
Madrid, La Habana, Buenos Aires, Roma, e Vigo, sempre o seu Vigo natal, son algunhas das cidades nas que viviu nestes 17 anos de carreira, nas que atesoura mais de 400 concertos ás súas costas e que se reflicten no seu disco máis pa sional e máis certeiro.