Nos dous equipos destaca a presencia de vigueses, tanto no banco como no céspede. O combinado sub-18 continúa dirixido polo vigués Quin Balbuena e ó sub-16 chega outro adestrador da cidade, Eduardo González ‘Edu’. Os dous técnico pasaron polo Olivo.
Ademais, na selección de categoría xuvenil haberá ata dez xogadoras que militan en clubes da cidade.
Cecilia Fernández, María Calvar, Sara Alonso (El Olivo)
Fátima Area, Yudit García (Sárdoma)
Ana Ruzo, Andrea Rodríguez (Alerta Navia)
Ana Iglesias, Raquel Porto (Valadares)
Noelia Pereira (Matamá)
A estas xogadoras hai que engadir a Ildara Pérez e Yaiza Cameselle, que forman parte do Erizana de Baiona.
No combinado sub-16 están presentes as seguintes xogadoras de clubs vigueses:
Ainoa Galarza, Laura Martínez, Nerea Cruz, Sandra Gómez, Sara Porto (Sárdoma)
Ainhoa Guijarro, Laura Vázquez, Ángela Novoas (Valadares)
Andrea Álvarez (Alerta Navia)
Lara Martínez (A Guía)
Oinaze Rodríguez (Moledo)
Ademais, tamén acudirán á cita as seguintes xogadoras dentro da área metropolitana de Vigo. Inés Faro e Sara Debén (Vila de Corpus) e María Figueroa (Choco).