A xunta de goberno local aprobou o proxecto de Convenio de Colaboración coa Fundación Érguete-Integración para a atención á cidadanía mediante os Coidadores de Barrio e o desenvolvemento de actividades de interese social. Cun importe de 1.180.000 euros, repartidos en 2015, 2015 e 2017, este acordo suporá manter ou crear 153 empregos, moitos deles para persoas procedentes de proxectos de inserción social. Neste primeiro ano, serán máis de 50 os postos de traballo creados.
Os Coidadores de Barrio actúan no Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia, tal e como avanzou o rexedor. O programa leva anos funcionando con moito éxito, tanto que outros concellos como Hospitalet ou Lugo solicitaron información e asesoramento para apoialos na implantación do servizo, explicou.