En San Sebastián xuntáronse varias causas. A primeira foi o extremo calor para o mes de novembro que provoca dous efectos. O primeiro é que os corpos non están acostumados a adestrar e esforzarse en calor e, o segundo, certa despreocupación nos corredores porque, ó ser esta época do ano, non existe unha conciencia da existencia de perigo por golpes de calor. Malas reaccións naturais e mala preparación.
Outro dos aspectos importantes foi a propia proba, que é bastante dura e que, habitualmente, ó ser en novembro os atletas teñen unhas marcas feitas en boas condicións meteorolóxicas. Claro, queren estar nos seus tempos e isto non sempre é posible. O percorrido facilita o esforzo extremo e ter un obxectivo claro pode provocar certa obsesión. Polo tanto, había moitos factores de perigo que se xuntaron no carreira do País Vasco e as consecuencias foron nefastas.
Os consellos para evitar problemas de saúde nunha carreira deste tipo son os seguintes:
- Seguir un protocolo de hidratación. Un modelo adecuado pode ser o seguinte. Beber 500 ml. de auga dúas horas antes da proba. Beber 200 ml. entre cinco e dez minutos antes de correr e, a continuación, beber tamén 200 ml. cada 15 ou 20 minutos dentro da carreira. Se no momento non hai sede, é igual, débese beber. Ó rematar, tomar 500 ml. e tamén aproveitar as froitas con moito líquido para recuperar auga e minerais (sandía, pomelo, laranxa…) Algunhas destas bebidas poderán ser isotónicas se o corredor ten unha dieta baixa en minerais, pero tampouco a totalidade porque poden ser contraproducentes para un hipertenso.
- Coidar a alimentación. En relación co anterior. Se nas comidas do día previo óptase por froitas e verduras, o corredor disporá dun aporte de minerais importante e as bebidas isotónicas terán menos importancia. Tamén se recomendan os hidratos de carbono complexos.
- Refrescar a cabeciña. Botarse auga por enriba e incluso mollar unha gorra en auga fresca de forma periódica. Incluso, en situación de moito calor, pode ser recomendable correr cunha gorra conxelada tras mollala e metela no conxelador o día anterior (isto xa é un detalle moi profesional). As gorras, sempre finas, son moi importantes tanto de protección como de refresco.
- A vestimenta adecuada. Optar por roupa técnica e transpirable. Se pode ser o famoso nido de abella. As camisolas de algodón, mellor para durmir.
- Evitar tomar o sol no día previo. É dicir, se vas a facer unha media maratón, poñerse a sombra dunha árbore e non na praia.
- Evitar obsesionarse coa marca. Se estás para facer un ritmo de 4:30 pero fíxeche a preparación as últimas tres semanas a 20 graos, o máis normal é que se ese día hai 28, non poderás facer a marca.
¿Que facer en caso de atoparse mal?
Un golpe de calor é relativamente doado. Se estás correndo e xa notas que estás mal, que non tes boas sensacións e sofres moito, baixa o ritmo. Non sexas cabezón que o primeiro é a saúde. Se comezan os mareos o máis recomendable e pararse nunha sombra e seguir a máxima de que unha árbore é un amigo. Poñer as pernas en alto e incorporar un pouco a cabeza son as medias máis recomendables. Por suposto, comezar a beber. De xeito pausado, sen encherse ó bruto, porque pode ser peor. Se aparecen os vómitos, tamén parar e se ademais atópaste mal, ó posto médico.
Pasar polo cardiólogo tamén debería ser obrigatorio. Facer unha proba de esforzo, un electrocardiograma e unha ecografía do corazón. Así, de golpe é un pouco radical, seino. Non obstante, hai que ter en conta que un corredor bo ou malo, vai a poñer ó seu corpo o límite e aproximarase ás pulsacións máximas durante bastante tempo. Polo tanto, coñecer se existe algún tipo de perigo é fundamental. Xa se sabe que a saúde é o primeiro e un control de xeito periódico é moi importante.
Aproximación ó infarto (sen profundidade, que non somos médicos).
Un golpe de calor extremo pode rematar en paro cardíaco e a morte. Tamén pode ser que exista algún tipo se problema de saúde anterior e/ou conxénito. Ó facer exercicio incrementan ó seu grosor as paredes parietais do corazón e pode ser un perigo. Por exemplo, o falecido en San Sebastián, podería ter xa un problema conxénito e someter ó corpo a un esforzo extremo en calor… Isto non quere dicir que poda pasarlle a todo o mundo, hai que ter certa predisposición, pero se se toman as medidas adecuadas, contrólase o corpo e un atleta non se expón de máis, redúcense de forma notable os perigos.
En calquera caso, debe contar querido compañeiro popular, que corremos para pasalo ben, manter a saúde e mellorala. Cando toca, baixe o ritmo e non a expoña porque, tamén nos días de calor hai que chegar á meta enteiro e, ó rematar, gozar do sol cun refresco, algo de xeo e un xeado. ¿Compensa perder todo isto e ter que pasar polo hospital por baixar uns minutiños?