A construcción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao carón das escolas infantís e antigas casas dos maestros (un espazo que se atopaba completamente degradado) permitirá un acceso peonil ao colexio completamente seguro para os escolares, ao tempo que se dará máis protagonismo á Praza. Ata o momento os ecolares teñen que atravesar rúas e camiñar ata o centro escolar por viais con moito tráfico. A esta obra se engade a de mellora da seguridade vial en Alcalde Manuel Alonso, ao lado de Concello, e a instalación dun paso peonil elevado antes de chegar ao cruce con Vilameán para diminuir así a velocidade dos vehículos (en Vilameán tamén se proxecta outro paso peonil elevado e, xa no tramo próximo á rúa Pedrosa, ampliaranse 39 metros de calzada).
Posteriormente, e dentro do mesmo proxecto de humanización do núcleo nigranés, se rehabilitarán as antigas casas dos maestros para darlles un fin social e de emprego. Trátase dun radical cambio con respecto á idea do anterior goberno (que pretendía derribar as casas e facer aparcadoiros) frente á aposta actual por crear un espazo comunitario, social e accesible. “Queremos por en valor toda a zona e que se converta nun verdadeiro punto de encontro da veciñanza, unha filosofía que tamén levaremos a outros puntos de A Ramallosa ou Panxón”, destaca o alcalde, Juan González, quen enmarca o novo proxecto na aposta do goberno por investir na mellora dos centros educativos e na creación de espazos accesibles, tal e como se comprometeu no proxecto “Un Nigrán para todos” que o Concello leva a cabo xunto ao Centro de Educación Especial Juan María.
Os operarios municipais xa abriron o novo camiño e nas próximas semanas concluirán ás beirarrúas. As obras implicaron a corta de cipreses que puñan en perigo a estabilidade do muro perimetral da escola infantil ao carón do Humberto Juanes. Neste tramo se habilitou o camiño sobre o que se instalará a beirarrúa, ao tempo que se renovou o peche. Asemade, as árbores taladas serán sustituidas por especies atóctonas.