A organización pecha así un proceso de dialogo a prol da confluencia para as eleccións xerais que empezou practicamente despois das eleccións municipais e durante o cal, representantes da Marea asistiron a diferentes xuntanzas de traballo como o encontro de Mareas, o foro Marea.gal ou o Banquete de Conxo
Coa elección de Alexandra Fernández, de 25 anos, como candidata as xerais, fortalécese a nivel local a vinculación do proceso das Mareas coa candidatura de En Marea que consideramos imprescindible para cambiar a correlación de forzas no Congreso e así combater os ataques da administración central contra a autonomía local que o noso entender non ten outro obxectivo que facer que centros de decisión políticos estean máis lonxe da cidadanía exercente.
Compre salientar que Alexandra Fernández é unha das persoas que dende o principio participaron na organización e fortalecemento da Marea de Vigo, formando parte do núcleo de organización da estrutura sendo unha das súas mais destacadas militantes e que a día de hoxe continua con ese traballo.
Así pois, a Marea considera que esta decisión é unha maneira idónea de encetar o proceso das eleccións locais, onde xurdiu o movemento de nova política das Mareas coas eleccións xerais, e na nosa cidade será o espazo onde se articule a campaña electoral que se aveciña. neste espazo ademais das e dos militantes de EU, Anova e Podemos contaremos tamén coa forza das persoas organizadas en exclusiva no espazo de Marea de Vigo.