No devandito acto, que comezará ás 20.00 horas, estarán presentes o responsable da Editorial Elvira, Javier Romero; os autores dos textos e dos murais que aparecen no libro, responsables de Normalización Lingüística do Concello e a directora do obradoiro Clara do Roxo.
Así, «aLiterArte» é un percorrido entre algúns dos murais máis belos que alegran a nosa cidade no que se atoparán os traballos que Álex Fernández, Peri, Pelucas, ASH Santos, Gonzalo Alonso Dapresa, Elisa González, Xabier Magãlhaes, Antón Pulido, David Arambarri e Powone realizaron o pasado mes de marzo.
Cada mural vai acompañado de relatos que as plumas máis belas da cidade escribiron inspirándose nas obras destes artistas nun total de 124 páxinas que aúna as artes plásticas coa literatura que vibra na cidade de Vigo.