Durante a presentación pública do concerto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu este martes a benvida á cidade a Alejo Stivel e Carlos Tarque e amosou a súa «satisfacción» pola «importancia» da actuación que terá lugar este mércores, 23 de decembro, ás 21:30 horas no Mar de Vigo, con entradas á venda desde os 18 euros.
Alejo Stivel, cantante de Tequila, e Carlos Tarque, á fronte de M Clan, son dúas estrelas do rock and roll en español, dous amigos de sempre que elixiron a cidade de Vigo para reunirse por primeira vez nunha noite exclusiva. Nun concerto de corte íntimo e acústico, a deste mércores será unha ocasión única para gozar dos clásicos que todos coñecemos e dalgunhas versións que nunca tocaran con anterioridade.