O devandito libro, que presenta un exquisito traballo de edición, está constituído por pequenos relatos inspirados nalgúns dos murais que embelecen a cidade de Vigo, e que foron o resultado dunha iniciativa do Concello da cidade para decorar moitas das medianeras e achegar o arte á rúa. Os relatos son o resultado dun taller literario promovido pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, e dirixido pola escritora Clara do Roxo, que prologa o libro.
Os murais elixidos para esta experiencia literaria foron realizados por Álex Fernández, Peri, Pelucas, ASH Santos, David Arambarri, Dapresa, Elisa González, Xabier Magãlhaes, Antón Pulido, Gonzalo Alonso e Powone.
O libro “aLiterArte” constitúe unha obra singular que abre a porta aos novos autores, ademais de promover a utilización da lingua galega dun xeito práctico, agradábel e gratificante.
A presentación, que desenvolveuse no espazo cultural “Detrás do Marco”, na rúa Londres, de Vigo, foi un auténtico aconcetecemento cultural presentado pola escritora Clara do Roxo, a Concelleira da Área de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Uxía Blanco, e o editor Javier Romero, da Editorial Elvira. Ademais, a presentación tamén contou coa participación dos propios autores dos relatos que figuran no libro, coa presencia dalgúns dos autores dos murais, e coa presencia de Marta Souto, responsable do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. En definitiva, “aLiterArte” é un proxecto que merece todos os parabéns pola súa singularidade, pola súa aportación á difusión da cultura galega, e tamén pola enorme difusión que aporta para a cidade de Vigo.