Aberto a tódalas disciplinas que se imparten nos diferentes campus do organismo educativo, estarán sempre orientadas a actividades relacionadas coa súa formación. Así, departamentos municipais como Intervención, Urbanismo ou Contratación solicitarán alumnos de Empresariais, Económicas, Enxeñería ou Dirección da Xestión Pública, pero o convenio está aberto a tódolos ámbitos, dende Medioambiente a Deportes, Cultura, Turismo… O periodo de prácticas será de entre 150 e 250 horas e dentro do seu horario lectivo. O estudantado doutras universidades españolas ou estranxeiras que se atopen cursando estudos na Universidade de Vigo tamén se poderán beneficiar do programa.
“Como organismo público, temos a obriga de dar a oportunidade aos mozos de adquirir experiencia profesional que lles facilite a entrada ao mercado laboral. Ao mesmo tempo, o Concello beneficiarase dos seus coñecementos”, explica o alcalde, Juan González. Así, o Concello disporá de titores propios para que os estudantes poidan desenrolar todas as súas capacidades baixo a supervisión, orientación e control dunha persoa con experiencia e a Universidade tamén lles proporcionará a mesma figura. Da realización das prácticas non se establecerán as obrigas propias dunha relación laboral contractual e en ningún caso a súa labor poderá substituir a prestación propia dun posto de traballo.
Será a Universidade quen nas datas oportunas faga unha convocatoria pública nos diferentes centros onde indicará o número de alumnado de prácticas e as condicións da mesma (proxecto formativo en que se concreta, obxectivos e actividades).