Infantil feminino: Galicia, 10 – Cataluña, 31. Pouca historia a que tivo este partido, cunha selección catalá moi superior dende o inicio. O nerviosismo e a falta de intensidade das galegas condicionaron o choque desde o primeiro minuto.
Durante o encontro, non se viu reflectido o xogo do equipo galego en ningún momento e, pola contra, Cataluña saíu dende o inicio moi intensa e acertada. Cuns parciais iniciais de 0-5 (min. 5) e 1-10 (min. 10) xa quedou decidido o choque. Tralo descanso, os erros galegos incrementáronse para chegar así a un resultado final de 10-31.
Galicia: Sabela Abalde, Olalla Penabella, Silvia Leiras (4), Goretti Miguel (1), Adriana Mallo, Alexia Penabella, Patricia Mallo (2), Uxía Mariño, Antía Paz, Paula Gómez, Noemí Fernández, Carmen Castro, Antía Seijo, Lucía Pérez, Ithaisa Trigo (2), Lucía de la Torre (1).
Este luns (11:15 horas) Galicia tentará acadar o primeiro triunfo contra Aragón, que gañou este domingo. Choque fundamental para acadar a clasificación para a segunda fase.
Infantil masculino: Galicia, 22 – Andalucía, 27. Partido que comezou con moitos nervios por ambolos conxuntos o que provocou unha a primeira parte moi trabada e chea de imprecisións. Galicia despregou unha boa defensa (5.1) na primeira parte, pero Andalucía non quedou atrás e ao descanso ían por diante os locais por un gol de diferenza (8-9). Na segunda parte Andalucía meteu unha marcha máis no partido, mentres que os nosos xogadores tardaron en reaccionar. Os andaluces atoparon facilidades á hora do ataque e mantiveron o seu 5.1 de inicio. A falta de acerto dos nosos, tanto en pases como en lanzamentos, permitiu que o equipo anfitrión aumentara a diferenza ata os 5 goles.
Galicia: Isaac Couso, Víctor Fernández, Iván Fernández, Javier Iglesias, Pablo González, Martín Alfaya, Diego Pérez, Carlos Álvarez (5), Juan Piñeiro, Alejandro Gómez (7), Daniel Gómez (4), Jaime Leira (1), Juan Enrique Lago (3), Mateo Arias (1), José Manuel Chao, Carlos Mariño (1).
Este luns o equipo dirixido por Pablo Blanco xogará contra Canarias (09:30 horas), que tamén perdeu na primeira xornada. Choque fundamental para os nosos.
Cadete feminino: Andalucía, 28 – Galicia, 27. O partido comezou moi igualado entre ambos equipos, pero Galicia tiña moitos desaxustes en defensa e erros en ataque o que supuxo que as galaicas chegaran ao descanso por debaixo no marcador (14-12). Ao comezo da segunda parte as galegas saíron cunha defensa 3:3 que non funcionou e permitiu ás andaluzas distanciarse ata de 8 goles. O equipo galego volveu cambiar a súa defensa a 5:1 o que lle permitiu entrar de novo no partido, aínda que non puideron culminar a remontada. Final: 28-27
Galicia: Lara González, María Groba, Aitana Santomé (4), Zara Barrios (4), Ana Fernández (1), Ángela Rodríguez (2), Begoña Otero, Sara Domínguez (3), Uxía Ferreiro, María Pérez, Marta Groba, Andrea Fernández (5), Raquel Sineiro (6), Celia Pedreira (1), María Pereira (1), María Álvarez.
O equipo galego xogara o segundo partido do grupo este luns (09:30 horas) contra Valencia, que este domingo empatou con Asturias (28-28).
Cadete masculino: Galicia, 26- Andalucía, 24. O equipo galego realizou unha primeira parte para enmarcar apoiada nunha gran intensidade no xogo e unha portería digna das mellores de España. Así, o descanso cando marcharon para o vestiario era de 17-8 para os galegos. Na segunda parte o equipo galego chegou a ter unha diferenza de 11 goles, pero un arreón andaluz e unha certa relaxación nos nosos xogadores que comezaron a fallar en ataque, provocou que as diferenzas se fosen acurtando ata o 26-24 final.
Galicia: Andrés Alonso, José Leiras (6), Andrés Vila (2), Álvaro Preciado (1), Ángel Barreiro, Roque Arias (4), Daniel Fernández, Daniel Gonçalves (1), Jorge Varela (2), Miguel Mouriño (1), Brais González (4), Bruno Vázquez, Javier Figueroa (1), Martín Gayo (2), Yago Santomé (2), Rubén Fernández.
O rival de este luns será Aragón (11:15 horas), que na primeira xornada perdeu contra Cataluña.
Xuvenil feminino: Andalucía, 29 – Galicia, 27. Frouxa primeira parte das galegas, que foi decisiva no resultado final. O conxunto dirixido por Javier Luengo cometeu moitas faltas en ataque, o que propiciou ademais rápidos contragolpes das anfitrioas que lograron así chegar ao descanso cun contundente 19-11. Na segunda parte todo cambiou nas galegas que fixeron un enorme esforzo que a piques estivo de levalas a remontar o partido. As galegas chegaron a empatar (26-26, min. 54), pero o tempo pedido por Andalucía rompeu o ritmo das galegas e un parcial de 2-0 provocou a derrota das nosas xogadoras (29-27) .
Galicia: Elvira Fe, Marta Varela, Manuel Pereira, Paula Amorín (6), Nerea Bouzón, Sandra López (5), Ana Piñeiro, Laura Piñeiro, Lara Patiño (4), Raquel García, Marta Pombal, Tamara Seijas (2), Paula Alonso, Laura Rúa (2), Carmen Prelchi (1), Alicia Campo (7).
Este luns, duro choque contra Cataluña (09:30 horas), que ven de gañar a Valencia.
Xuvenil masculino: Cataluña, 33 – Galicia, 30. Bo partido en ataque con combinacións entre primeira liña e pivotes pero con moitos problemas defensivos no 1 contra 1. Cataluña xogaba moi forte no centro co seu xogador Ián Tarrafeta que desequilibrada o sistema defensivo de Galicia. Ismael Martínez probou con diferentes defensas (5:1 e 6:0) tentando frenar ao conxunto catalán. No minuto 50, Cataluña logra a máxima vantaxe (nove goles) e nestes dez minutos finais Galicia recortou distancias ata o resultado final de 33-30.
Galicia: Raul Nogueira, José López (8), Carlos Vilanova (2), Martín Davila, Sergio Lorenzo, José Manuel López (2), Pedro Toimil, Alejandro Pereiro (1), Brais López, Sergio Altirribia (1), Antonio Mato, Diego Prada (2), Ángel Rodríguez (4), Daniel Ramos (7), Iván Calvo, David Iglesias (3).
Galicia xogará na segunda xornada contra Andalucía (13:00 horas), que este domingo gañou de forma clara a Asturias (21-16).