Infantil feminino: Aragón, 17 – Galicia, 21. A selección infantil feminina empezou o encontro dunha forma moi diferente á do domingo. A intensidade e o traballo en equipo estiveron presentes no campo en todo momento, con todo, ao comezo do encontro o marcador non reflectía o mesmo. As aragonesas máis acertadas ante a portería contraria impoñíanse cun parcial favorable de 3-0. Pero as mini-galaicas non se renderon e, tras realizar varios axustes na defensa e o ataque, lograron equilibrar o marcador moi pronto. E así chegaron ao descanso cun resultado de 9-9.
Tralo descanso as aragonesas puxéronse dous goles por riba, pero as minigalaicas volveron a amosarse fortes e confiadas nas súas forzas. Así, aproveitando varias exclusións das aragonesas, lograron poñerse por diante no marcador e xa non abandonaron esa posición ata o remate.
Galicia: Sabela Abalde, Olalla Penabella, Silvia Leiras, Goretti Miguel (2), Adriana Mallo (3), Alexia Penabella, Patricia Mallo (9), Uxía Mariño, Antía Paz (1), Paula Gómez, Noemí Fernández, Carmen Castro (1), Antía Seijo (3), Lucía Pérez, Ithaisa Trigo (2), Lucía de la Torre.
Este martes Galicia xogará contra Castela e León (13:00 horas) na busca da segunda posición do grupo.
Infantil masculino: Galicia, 34 – Canarias, 20. Este partido era fundamental para os galegos, despois dun estreo marcado polos nervios. E Galicia saíu dende o inicio a por todas. A primeira parte foi moi cómoda para os nosos que chegaron a ter unha diferenza de 5 tantos, pero un exceso de confianza nos intres finais da primeira metade provocou que a vantaxe se reducira a tres goles.
Á volta do descanso, os galegos non deron opción algunha ao rival, cunha magnífica actitude e concentración máxima. Así a distancia se disparou ata ese contundente 34-20 final que amosou a superioridade aplastante de Galicia neste segundo tempo.
Galicia: Isaac Couso (1), Víctor Fernández (1), Iván Fernández (1), Javier Iglesias (2), Pablo González, Martín Alfaya, Diego Pérez (5), Carlos Álvarez (4), Juan Piñeiro (4), Alejandro Gómez (5), Daniel Gómez (1), Jaime Leira (3), Juan Enrique Lago, Mateo Arias (3), José Manuel Chao (4), Carlos Mariño.
O martes Galicia xogará contra Euskadi (11:15 horas), que este luns perdeu contra Andalucía. Un triunfo daría aos nosos a segunda posición do grupo.
Cadete feminino: Valencia, 26 – Galicia, 19. O resultado final non reflicte o ritmo de partido e o bo papel das galegas sobre a pista. Na primeira parte o choque estivo moi igualado desde o principio cunha espectacular actuación na portería de Begoña Otero, axudada por unha gran defensa 3:3. Así, ao descanso o encontro chegou cun apertado 12-10. Na segunda parte, as galaicas tiveron moitas perdidas de balón que permitiu ao conxunto valenciano distanciarse no marcador. Derrota amarga pero bo partido das cadetes galaicas.
Galicia: Lara González, María Groba, Andrea Fernández (3), Celia Pedreira (3), Ángela Rodríguez (3), Zara Barrios (1), Raquel Sineiro (5), Sara Domínguez (2), María Pérez (1), Ana Fernández, Aitana Santomé (1), Begoña Otero, Uxía Ferreiro, Marta Groba, María Pereira, María Álvarez.
O equipo galego xogará este martes o último e decisivo partido do grupo contra Asturias (11:15 horas) para tentar escapar do descenso. A Galicia só lle sirve gañar.
Cadete masculino: Galicia, 28 – Aragón, 17. Partido importante para o equipo galego porque estaba en xogo a súa clasificación para a seguinte fase, sen esperar á última xornada. Novamente os galegos foron fieis á súa identidade e puxeron unha gran intensidade en defensa o que provocou que os maños estivesen atascados en ataque e perdesen balóns, facilitando as contras do equipo galego que chegou ao descanso gañando de 6 goles (12-7). Na segunda parte os aragoneses saíron moi enchufados e recortaron distancias ata os 3 goles (Min. 40), pero outra vez saíu a relucir a gran defensa galega, que impediu a remontada de Aragón, mentres que Galicia seguía sumando goles a favor. Ao remate, 28-17 para os galegos, que suman a segunda vitoria en dous días.
Galicia: Álvaro Preciado (1), Daniel Gonçalves (1), Bruno Vázquez (2), José Leiras (2), Andrés Alonso, Ángel Barreiro, Javier Figueroa (3), Martín Gayo, Miguel Mouriño (3), Daniel Fernández, Jorge Varela (1), Yago Santomé, Rubén Fernández (2), Andrés Vila (6), Roque Arias (3), Brais González (4).
O rival deste martes será Cataluña (11:15 horas), co primeiro posto do grupo en xogo, pero a tranquilidade de ter a clasificación para cuartos no peto.
Xuvenil feminino: Cataluña, 29 – Galicia, 28. Nova derrota galega contra un bo equipo. Galicia xogou uns primeiros 20 minutos dun gran balonmán sabendo como xogar ante un durísimo rival coma Cataluña. Pero neses minutos finais antes do descanso, as galegas perderon a concentración e todo o traballo realizado con anterioridade desapareceu cos rápidos contraataques das catalás que lles permitiu chegar ao descanso cun claro 19-12. Na segunda parte, coma no partido do domingo, comezou a remontada. A épica e a heroica está no ADN destas mozas. Os últimos cinco minutos foron espectaculares con Galicia apertando os dentes e remontando ata poñerse a dous tantos no último minuto. A falta de dez segundos para o final, os árbitros sinalaron un 7 metros a favor que Galicia converte, pero xa non quedou tempo para a remontada (29-28). Grandísimo o esforzo e traballo das galegas.
Galicia: Elvira Fe, Manuel Pereira, Laura Rúa (1), Nerea Bouzón, Sandra López (4), Carmen Prelchi (3), Marta Pombal (6), Paula Alonso, Laura Piñeiro, Lara Patiño (6), Raquel García, Alicia Campo (4), Tamara Seijas, Paula Amorín (3), Ana Piñeiro, (1), Marta Varela.
Este martes, transcendental partido contra Valencia (11:15 horas) para poder clasificarse para os cuartos.
Xuvenil masculino: Andalucía, 31 – Galicia, 21. Despois da derrota contra Cataluña de onte, Galicia volvía a verse as caras fronte a un durísimo rival, Andalucía. Ambos conxuntos ofreceron ao público unha boa primeira parte, moi intensa e con alternancias no marcador. Así, chegamos ao descanso cun 17-15 a favor dos anfitrións. Na segunda parte segue a igualdade ata case o minuto 10, pero a partir de aí Galicia comezou a encadear erros nos lanzamentos a portería e perdas de balón que permitiron claros contraataques dos andaluces. Así, o equipo anfitrión logrou despegarse no marcador e lograr un cómodo triunfo.
Galicia: Raul Nogueira, Diego Prada (2), Carlos Vilanova, Pedro Toimil, José Manuel López (1), Alejandro Pereiro, Brais López (1), Sergio Altirribia, Antonio Mato, José López (2), Sergio Lorenzo (1), Iván Calvo, Daniel Ramos (3), Martín Davila (1), Ángel Rodríguez (1), David Iglesias (9).
Este martes, Galicia xogará contra Asturias (11:15 horas), na busca do terceiro posto que lles permita escapar do descenso á Copa de España.