Infantil feminino: Galicia, 20 – Castela e León, 19. A selección infantil feminina dependía dela mesma para pasar á seguinte fase. A primeira metade foi moi igualada, aínda que as galegas mandaban no marcador. Pero ao descanso, ao de onte (9-9). No inicio do segundo tempo, as minigalaicas sufriron un baixón, cun parcial desfavorable de 0-4. Faltando 10 minutos para o remate do partido as nosas reaccionaron tanto en defensa como en ataque poñéndonos dous tantos por riba faltando un minuto. As leonesas meteron un gol pero non tiveron tempo para máis e o triunfo foi para Galicia que logrou o pase á cuartos coma segunda de grupo.
Galicia: Sabela Abalde, Olalla Penabella, Silvia Leiras (6), Goretti Miguel (2), Adriana Mallo (3), Alexia Penabella, Patricia Mallo (3), Uxía Mariño, Antía Paz, Paula Gómez, Noemí Fernández (2), Carmen Castro, Antía Seijo (2), Lucía Pérez, Ithaisa Trigo (2), Lucía de la Torre.
Este mércores día 6 Galicia loitará por un posto nas semifinais contra Asturias a partir das 09:30 horas.
Infantil masculino: Euskadi, 28 – Galicia, 28. Partidazo por parte de ambos conxuntos. Ao comezo Euskadi tomou as rendas, pero os galegos non baixaron os brazos en ningún momento e continuaron traballando ata chegar ao descanso cunha diferenza de 2 tantos a favor dos vascos. Na segunda parte os galaicos saíron a morder e traballando duro conseguiron poñerse un gol arriba, pero o conxunto vasco reaccionou remontando e agrandando a distancia a 4 cun parcial de 5-0 (21-17, min. 10 da segunda parte). O adestrador Pablo Blanco solicitou dous tempos mortos e logrou facer reaccionar aos seus, que chegaron ao último minuto con empate a 27-27. Daniel Gómez puxo por diante a Galicia cun precioso tanto dende o lateral e a piques estivo de chegar a vitoria, pero un gol de Euskadi a falta de dez segundos para o final, puxo o empate no marcador.
Galicia: Isaac Couso (1), Víctor Fernández, Iván Fernández, Javier Iglesias, Pablo González, Martín Alfaya, Diego Pérez (2), Carlos Álvarez (4), Juan Piñeiro, Alejandro Gómez (5), Daniel Gómez (4), Jaime Leira (2), Juan Enrique Lago (6), Mateo Arias (3), José Manuel Chao, Carlos Mariño (1).
Este mércores Galicia xogará nos cuartos de final contra Castela e León (13 :00 horas), que ascende da Copa.
Cadete feminino: Galicia, 28 – Asturias, 34. Partido fundamental para as galegas que necesitaban o triunfo para clasificarse para os cuartos. E o inicio non puido ser mellor, xa que as galegas lograron marcharse no marcador (8-3). Pero as nosas non souberon manter a diferenza e cun parcial de 7-0 as asturianas metéronse de novo no partido. A pesar dos numerosos roubos de balón das galegas, as perdas en ataque non lles permitían distanciarse no marcador o que fixo que se mantivese un resultado moi igualado durante todo o encontro ata os 5 minutos finais. O equipo galego arriscou cunha defensa individual durante este último parcial e a proba non saíu ben, xa que as asturianas conseguiron facerse do todo co partido. Final: 28-35
Galicia: Lara González, María Groba, Aitana Santomé (2), Zara Barrios, Ana Fernández, Ángela Rodríguez (6), Begoña Otero, Sara Domínguez (2), Uxía Ferreiro, María Pérez, Marta Groba, Andrea Fernández (9), Raquel Sineiro (8), Celia Pedreira (1), María Pereira, María Álvarez.
O equipo galego descende á Copa de España, onde se enfrontará a Castela e León (13:00 horas).
Cadete masculino: Cataluña, 36 – Galicia, 26. Partido entre os dous primeiros do grupo B, que chegaban ao choque con dúas vitorias. Cataluña comezou moi forte cun porteiro moi acertado o que lles permitiu correr e conseguir goles fáciles, ata chegar ao 21-11 do descanso. Na segunda parte cambiou o partido para mellor. Os galegos estiveron moito máis soltos, con todo non foi posible recuperarse desa diferenza.
Galicia: András Alonso (5), José Leiras, Andrés Vila (2), Álvaro Preciado, Ángel Barreiro, Roque Arias, Daniel Fernández, Daniel Gonçalves (2), Jorge Varela, Miguel Mouriño (2), Brais González (4), Bruno Vázquez (3), Javier Figueroa (5), Martín Gayo (1), Yago Santomé (1), Rubén Fernández (1).
O rival deste mércores nos cuartos será Asturias (09:30 horas).
Xuvenil feminino: Galicia, 19 – Valencia, 27. Terceira derrota, que levou ao conxunto galego á Copa de España. A primeira parte xa comezou mal para as galaicas, que non eran capaces de frear as rápidas transicións das valencias. O seleccionador galego cambiou a defensa e o equipo logrou reducir as diferenzas e ir ao vestiario 4 tantos abaixo (11-15). Trala volta ao campo, mantívose a renda negativa de 5 ou 6 tantos. Nos últimos minutos o equipo galego, aumentou a presión en defensa para intentar reducir a renda pero non foi efectivo. Resultado final: 19-27.
Galicia: Raquel García, Marta Varela, Manuela Pereira, Paula Amorín (7), Nerea Bouzón, Sandra López (1), Ana Piñeiro (1), Elvira Fe, Laura Piñeiro, Lara Patiño (2), Marta Pombal (1), Tamara Seijas, Laura Rúa (1), Carmen Prelchi (4), Alicia Campo (2).
Este mércores Galicia xogará na Copa contra Murcia ( 16:30 horas).
Xuvenil masculino: Galicia, 32 – Asturias, 27 . Galicia e Asturias loitaban pola súa clasificación para os cuartos de final e nesta oportunidade, os galegos superaron a presión e se dedicaron a xogar. Magnífica primeira metade dos homes de Ismael Martínez que, cunha gran defensa, ao descanso gañaban por un contundente 19-9. Na segunda metade os galegos seguiron controlando o partido, aínda que a defensa mixta de Asturias sobre David Iglesias provocou un xogo diferente dos nosos tentando aproveitar os espazos existentes. So houbo un pouco de emoción nos últimos 10 minutos. Dúas superioridades consecutivas dos asturianos provocaron rápidas contras, que chegaron a apertar un pouco o marcador (28-24, min. 55). Nos instantes finais, tranquilidade e primeira vitoria para os galegos que logran o pase a cuartos de final.
Galicia: Raul Nogueira, José López (11), Carlos Vilanova (3), Martín Davila, Sergio Lorenzo (2), José Manuel López, Pedro Toimil, Alejandro Pereiro, Brais López (1), Sergio Altirribia, Antonio Mato, Diego Prada (2), Ángel Rodríguez (4), Daniel Ramos (3), Iván Calvo, David Iglesias (6).
Galicia enfrontarase este domingo a Madrid, que foi primeira do grupo A con tres vitorias (11:15 horas) .