Nos restantes partidos do Campionato de España de seleccións territoriais das categorías infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas, un pouco de todo: triunfo do equipo xuvenil masculino, que loitará pola quinta posición. Derrota da selección infantil feminina e cadete masculina, que buscarán o sétimo posto. Na Copa, triunfo da selección xuvenil feminina (disputará a final) e derrota da cadete feminina.
Infantil masculino: Cataluña, 33 – Galicia, 22. Cataluña rompeu o soño de Galicia de plantarse na final do Campionato de España. Como estaba previsto foi un partido complicado e moi físico para os nosos xogadores. Na primeira parte, Galicia mantivo o tipo ante os cataláns, pero a falta de 5 minutos o seu poderío físico e a súa calidade fixéronse notar chegando ao descanso 19-12 a favor dos cataláns. Na segunda parte, os rapaces de Pablo Barros saíron forte pero os cataláns mantiveron o seu ritmo e non foi posible reducir as distancias. Mediada a segunda parte, Galicia optou á desesperada por un cambio de defensa, pero a vantaxe se ampliou a 11 o que deixou ao equipo galego sen opcións a falta de 5 minutos para o final. A pesar de todo, de destacar a actitude dos deportistas galegos que en ningún momento se renderon e plantaron cara a Cataluña. O resultado final foi 33-22.
Galicia: Isaac Couso (2), Víctor Fernández (1), Iván Fernández, Javier Iglesias (1), Pablo González, Martín Alfaya, Diego Pérez (2), Carlos Álvarez (1), Juan Piñeiro (1), Alejandro Gómez (4), Daniel Gómez (5), Jaime Leira, Juan Enrique Lago, Mateo Arias (1), José Manuel Chao (4), Carlos Mariño.
Este venres Galicia tentará buscar o bronce contra Andalucía (10:45 horas).
Infantil feminino: Madrid, 42 – Galicia, 16. Partido complicado para as minigalaicas ante unha selección moi forte desde o principio ata o final do encontro. No primeiro tempo, as galegas loitaron a pesar da diferenza entre ambas seleccións e os erros do noso equipo. Despois do descanso as galegas, debido ao esgotamento acumulado e a falta de intensidade en defensa, tiveron moitos problemas ante unha selección madrileña con moita velocidade na subida de balón e intensidade en defensa.
Galicia: Sabela Abalde, Olalla Penabella (1), Silvia Leiras (5), Goretti Miguel (2), Adriana Mallo, Alexia Penabella, Patricia Mallo (2), Uxía Mariño, Antía Paz (2), Paula Gómez (2), Noemí Fernández, Carmen Castro, Antía Seijo (1), Lucía Pérez (1), Ithaisa Trigo, Lucía de la Torre.
Galicia xogará este venres contra Aragón (12:30 horas) na loita polo sétimo posto. As minigalaicas gañaron a Aragón na fase de grupos.
Cadete masculino: Andalucía, 33- Galicia, 25. A derrota nos cuartos de final deixou roto ao equipo galego, que saíu a cancha moi tocado. A pesar de todo, os nosos xogadores, como sempre, deixaron a alma na pista. Desta forma, os galegos comezaron mandando no marcador, sustentados nunha magnífica defensa. Así, chegaron ao descanso cun resultado favorable de 15- 12.
Na segunda metade, unha defensa mixta sobre o central galego provocou un cortocircuíto no xogo galego, que non soubo enfrontala e comezou a remontada andaluza. Os locais chegaron a gozar dunha renda de ata 10 goles, pero os rapaces galegos volveron a tirar de orgullo para intentar recortar as distancias no posible. Resultado final: 33-25.
Galicia: Andrés Alonso, José Leiras (1), Andrés Vila (1), Álvaro Preciado (3), Ángel Barreiro, Roque Arias (4), Daniel Fernández, Daniel Gonçalves (6), Jorge Varela, (1) Miguel Mouriño, Brais González (2), Bruno Vázquez (1), Javier Figueroa (4), Martín Gayo (2), Yago Santomé, Rubén Fernández.
Este venres Galicia enfrontarase á Nav arra (12:30 horas) na loita pola sétima e oitava posición.
Xuvenil masculino: Galicia, 30 – Navarra, 25. A selección galega xuvenil masculina foi moi superior a Navarra durante todo o choque. Os nosos xogadores fixeron un moi bo partido e foron por diante no marcador dende o inicio cunha moi boa defensa e xogando ao contragolpe. Na primeira metade logrou unha vantaxe máxima de sete tantos (14-7, min. 23). Ao descanso, 15-9 para Galicia. Na segunda tarde, os nosos deportistas xogaron coa tranquilidade que daba o marcador. Nunca estivo en perigo o triunfo galego, con vantaxes cómodas de cinco o u máis tantos.
Galicia: Raul Nogueira, Diego Prada (2), Carlos Vilanova (4), Pedro Toimil (1), José Manuel López, Alejandro Pereiro (2), Brais López (1), Sergio Altirribia, Antonio Mato, José López (12), Sergio Lorenzo, Iván Calvo, Daniel Ramos, Martín Davila, Ángel Rodríguez (2), David Iglesias (6).
Este venres, Galicia enfrontarase a Euskadi en busca do quinto posto.
Cadete feminino: Navarra, 24 – Galicia, 28. Primeira parte bastante igualada nos primeiros quince minutos, con continuos empates no marcador. A partir dese intre, os erros en ataque das galegas fixo que as navarras lograsen chegar ao descanso cunha renda de 4 goles. Na segunda metade o equipo galego cambiou o seu defensa a unha 4-2 buscando roubar a balón pero continuaron as imprecisións en ataque polo que non houbo posibilidade de remontar. Ao final, 24-28.
Galicia: Lara González, María Groba, Aitana Santomé (6), Zara Barrios (1), Ana Fernández (1), Ángela Rodríguez (4), Begoña Otero, Sara Domínguez, Uxía Ferreiro, María Pérez, Marta Groba, Andrea Fernández (5), Raquel Sineiro (4), Celia Pedreira (2), María Pereira, María Álvarez (1).
Galicia xogará este venres ante Cantabría (09:00 hora) en busca do terceiro posto na Copa de España.
Xuvenil feminino: Cantabria, 21 – Galicia, 32. Partido moi intenso das galegas onde non perderon a cara en ningún momento ao choque. Ata o minuto 20 do encontro, as distancias eran curtas a favor das galegas, pero nos últimos dez minutos, cunha enorme seriedade en defensa e efectividade no contragolpe, o conxunto galaico logrou escaparse no marcador (11-16). A segunda parte foi unha copia da primeira e as distancias foron crecendo pouco a pouco, para así acadar o paso á final da Copa.
Galicia: Raquel García, Marta Varela (1), Manuela Pereira, Paula Amorín (7), Nerea Bouzón (1), Sandra López (5), Ana Piñeiro (1), Elvira Fe, Laura Piñeiro (2), Lara Patiño (1), Marta Pombal (3), Tamara Seijas, Laura Rúa (4), Carmen Prelchi (3), Alicia Campo (1), Paula Alonso (3).
Este venres Galicia xogará a final d a Copa contra Asturias (10:45 horas).