Poderá participar neste concurso calquera persoa maior de 14 anos matriculada nun Instituto de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra. O prazo para enviar os relatos será dende o 8 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2016. Remitiranse a través do formulario web dispoñible na páxina web de Amnistía Internacional Vigo:
Https://www.es.amnesty.org/ga/grupos-locais/galicia/grupos/vigo/paginas/inicio
O título xenérico deste concurso será “Primeiro as persoas, logo as fronteiras” e tratará o tema dos/as refuxiados/as, que buscan un lugar no mundo ao ter que escapar dos seus países devastados pola guerra.
O microrrelato, que deberá ser orixinal ou inédito, terá una extensión máxima de 250 palabras, e poderá redactarse en galego ou castelán.
Os gañadores/as do concurso serán premiados cun lote de libros e unha escultura de Amnistía Internacional. O xurado estará presidido por un escritor ou escritora. Haberá tamén un premio para o microrrelato máis popular, votado a través do facebook do Grupo Local de Amnistía Internacional.