A forza do auga é imparable. Non entende de pasarelas, camiños, estradas nin sendas. O río Tea desbordou nos primeiros días de xaneiro pola acumulación de choiva e arrasou co que se atopou no seu camiño. Onde menos marxe tiña o río, máis fortes foron as súas consecuencias.
Así, un paseo pola senda do río Tea serve para comprobar o seu deterioro e, tamén, os puntos onde se cometeron erros de deseño que non se deberían volver a repetir. Entre as consecuencias está a crecida na praia fluvial da Freixa e o derribo do valado nos primeiros metros da estrada entre Ponteareas e o área de lecer, nun punto onde o camiño invade a zona natural de crecida do río.
Seguindo a senda, en Ribadetea, tamén nun lugar no que a estrada está ó lado do río pódese observar un banco arrincado e que acabou nun rede de arame. Na mesma zona, aparecen deteriorados o camiño e un muro de contención. Máis adiante, a partir do terceiro quilómetro sucédense varios tramos onde a senda de terra sufriu numerosos buratos. Tamén son visibles os restos de árbores arrastrados pola corrente. Outro aspecto que desperta interese é comprobar a altura que alcanzou o auga nos diversos puntos, que foi moi alto.
Pasarela arrincada e no medio do río
Entre tódolas consecuencias, o danos máis espectaculares están nos metros anteriores ó quilómetro cinco da senda do Tea, onde están situados os restos da ponte romana. Uns pasos antes, nun illote no curso de auga, atópanse tres anacos da pasarela. Máis adiante, está o lugar orixinario da madeira e ata media ducia de anacos máis. Nese punto tamén se atopa completamente arrasado o lugar porque o auga saíuse nunha curva do río e cubriu toda a zona, unha das máis baixas na beira do curso fluvial. De feito, o corredor de madeira foi posto para facilitar o paso os sendeiristas nun lugar no que se formaba un lameiro. Tras comprobar o traballo do auga, non parece a mellor medida.
Non obstante, outros elementos da senda do río Tea permanecen intactos trala crecida. Dúas pontes situadas no marxe do curso do auga non sufriron ningún tipo de dano, a pesar da crecida do auga e máis do 75% da senda de terra tamén se atopa en bo estado.