A elaboración deste borrador resultou especialmente complexo de cadrar tendo en conta factores como a rebaixa do IBI do 0,60 ao 0,52% aplicada por este goberno a tódolos veciños, o que supuxo case 200.000 euros menos de ingresos nas arcas locais (concretamente 192.631,74 €). Sen embargo, o despegue definitivo do Polígono Terciario de Porto do Molle compensou tamén cun aumento na previsión de ingresos en imposto sobre construcións, que pasa de 180.000€ a 400.000 €, ou de tramitación de licencias, que pasa de 20.000 € a 40.000 €.
Como novidade, a aprobación do orzamento 2016 permitirá o pago do 100% das facturas sen contabilizar e pendentes de abono a proveedores dende o ano 2014, incorporando para elo máis de 150.000€. “Temos que ser absolutamente respetuosos coas persoas e empresas que traballaron para o consistorio, e coa aprobación o Concello terá débeda cero con proveedores”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.
Paralelamente, o rexedor insiste en que forman “un goberno de progreso que prioriza a atención as persoas, polo que consecuentemente se incrementan as inversións en Asuntos Sociais, Emprego, Educación, Inserción e Servizos”. Así, todas estas partidas soben unha media dun 120% con respecto a 2015.
Así, vinculado á atención ás persoas, o Concello sobe en reinserción social de 2.000 a 5.000 € (un 150% máis); Emerxencia Social de 5.000 a 15.000 € (un 200% máis); no Plan Municipal de Voluntariado de 1.000 a 3.000 € (un 200% máis); Turismo Social de 2.000 a 4.000 € (un 100% máis); gastos para a terceira idade de de 8.000 a 10.000 € (un 25% máis); ou a partida do Centro de Información á Muller (CIM) de 7.000 a 10.000 €, o que suporá un 43% de incremento respecto a 2015. Por outra banda, a axuda a domicilio, en proceso de contratación da nova empresa por dous anos, leva un incremento de 20.000 €, pasando de 145.000 € a 165.000 €, “xa que a atención aos que teñen máis dificultades e necesidades é unha das máximas de este goberno”.
A maiores, contémplanse novos apartados que co anterior goberno non existían, como “Axuda a persoas dependentes”, dotada con 20.000 € e co obxectivo de atender directamente as persoas con familiares hospitalizados, xente sen fogar, bonos transporte e tamén para axudas educativas a individuos cunha problemática específica. “Non existía esta partida e a consideramos básica para axudar aos veciños que de verdade sofren situacións complexas, o Concello non pode desentenderse desta realidade”, considera González, quen ademais anuncia unha nova liña de actuacións ás que se destinan 15.000 € para por en marcha un proxecto pioneiro de estimulación cognitiva para persoas con demencia neuro-dexenerativa.
Outro eixo fundamental da nova política de Nigrán e vinculado tamén coa atención ás persoas é a creación de emprego, motivo polo que o goberno pon especial énfase duplicando o investimento neste eido, pasando de 10.000 a 25.000 € (150% máis). Así, a incorporación de 6 persoas no apartado de Bolsas de Emprego suporá unha inversión de 70.000€ no novo orzamento. A maiores, compre sinalar que o Plan de Emprego Municipal para 2016 contempla a creación de 47 contratacións en prácticamente tódolos departamentos. Neste senso, o orzamento 2016 contempla unha partida de 20.000 € para levar a cabo por vez primeira o convenio con FEUGA (Fundación Empresa-Univesidade Galega) para sufragar os gastos de dous bolseiros: un Técnico de Comercio que levará a cabo un plan de dinamización do comercio local e un técnico de prevención de riscos laboráis para elaborar un plan de prevención a nivel municipal. Ademais, tamén se aumenta nun 50% o convenio de emprego co Centro de Educación Especial Juan María de Parada, pasando de 12.000 a 18.000€.
O terceiro eixo, a educación pública, é outros dos apartados nos que se centra o goberno, Así, a dotación para a conservación de colexios públicos aumenta un 67%, de 12.000 a 15.000 €, e se consigna a mesma cantidade a obras en Centros Escolares Públicos (de 11.000 a 20.000€, un 82% máis). “Falar de educación pública é falar do futuro do noso municipio, cremos nela e así a defenderemos sempre tamén a través dos orzamentos”, indica González.
O coidado do Medio Ambiente é tamén unha nova prioridade do Concello, polo que se reflexa nas contas aumentando a partida un 100% (de 15.000 a 30.000€). Ademais, incorpórase o Plan Especial de Protección Dunar (ENIL) con 6.000 € que marcará as pautas a seguir no coidado dun dos grandes valores medioambientais do municipio.
O orzamento de gastos para Cultura chega aos 30.000€ e as subvencións para a súa promoción e difusión a 25.000€. Entre as novidades que inclúen destaca un proxecto de microtoponimia dotado con 6.000 euros ou a suba na consignación para a celebración do día das Letras Galegas de 1.350 a 3.00 0€ (un 22% máis). Asemade, a compra de libros para a biblioteca municipal se duplica pasando de 1.500 a 3.000 €. Tamén se destinará unha partida específica para o X Aniversario de Nigránjazz, con 5.000€.
As contas adican 25.000 € a actividades deportivas diversas ou outros 25.000 € para subvencións á promoción e difusión do deporte. No eido das axudas municipais, as subvencións a asociacións veciñais tamén se incrementan de 10.000 a 15.000 € (50% máis) e a aportación do Concello de Nigrán ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (entidade que preside) pasa de 1.500 a 2.500 € (un 67% máis).
Na labor que corresponde á administración pública de control das concesionarias contratadas contémplase unha nova partida de 22.000 € para unha auditoría de calidade dos servizos de saneamento e abastecemento de auga que únese á xa comprometida auditoría mensual do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
Outra novidade é a creación do primeiro portal web de transparencia co que contará o Concello de Nigrán na súa historia e que suporá unha inversión 12.000 €.
Investimentos
Os gastos dentro do borrador dos orzamentos inclúen a construción de nichos no Cemiterio Municipal de Parada con 34.272 €; a rehabilitación das antigas Escolas Unitarias de Nigrán con 26.000 €; a construción dunha senda peonil entre as praias de Patos e de Prado con 20.000 € ou un Plan Municipal de Accesibilidade dotado con 30.000 €.
Finalmente, entre outros investimentos previstos para 2016 destaca un plan de arranxo e adquisición de marquesiñas que ascende a 25.000 €; reparación de parques infantís pasando de 10.000 a 15.000 € (un 50% máis); 40.000 € para reposición de viais públicos ou o aumento do 67% para obras en centros escolares públicos pasando de 12.000 a 20.000€.
Unha partida de 25.000 € servirá para a rehabilitación das escolas Unitarias de Nigrán e convertelas nun Centro de Documentación de Nigrán, un espazo cultural e de investigación que asemade contribuirá a dinamización do centro urbán.
As compras inclúen a adquisición por valor de 9.000 € de equipos informáticos para o punto de información do CIM, para o Centro da Terceira Idade e para o Centro de información Municipal de Emprego do Centro Antena, co obxectivo así de poder impartirse correctamente os cursos de formación e a atención aos desempregados. Para a Policía Local se contempla a compra de equipos de comunicación por 24.000 e EPIS (equipos de protección individual) por 11.000 €; ou un equipo de deshumidificación para o Arquivo Municipal por 7.235 € e, finalmente, un vehículo e maquinaria para o departamento de Vías e Obras cunha partida de 55.000€.
“Son os orzamentos dun goberno de progreso e as mellores contas para un Nigrán que sitúa o benestar das persoas como eixo prioritario da política local”, resume González, quen incide que nos próximos días anunciará o Plan de Inversións nas parroquias a cargo do orzamento que lle corresponde a Nigrán a través da Deputación de Pontevedra.