O que orixinalmente é unha casa pasa a ser toda unha entidade local menor como unidade. Nesta atópanse ata 37 furanchos. E, aínda así, parecen non chegar porque o que no rural son ducias de persoas, en Vigo convértense en milleiros. A asistencia será especialmente alta este mércores, o propio día de San Blas, porque a previsión é que as rúas, camiños e estradas de Bembrive sexan ateigadas polos visitantes procedentes da cidade e de tódalas localidades do área metropolitana.
Habitualmente, nun furancho de aldea, pode aparecer algún que outro músico afeccionado e sacar unha gaita para amenizar a noite. Nunha xornada especialmente boa, pode xuntarse un grupo. En San Blas isto son os mínimos. Algúns furanchos teñen concertos programados con antelación. Noutros, os grupos de música tradicional están consolidados e, nalgúns, incluso atrévense a realizar actuacións de rock ou outros optan por música tradicional polo día e dj pola noite.
O programa oficial establece tres actuacións para a xornada deste venres. Tocará no Torreiro da Ponte a orquestra ‘Xacobeo’, o grupo vigués ‘Hijos de la Sal’ e a agrupación ‘Sete Cuncas’. Será no horario nocturno tras a última misa do día que dará comezó ás 19:30 horas. Os actos relixiosos comezarán as 8:30 da mañá coa primeira misa. Repetíranse cada hora ata as 12:30 cando dará comezo a misa solemne coa súa posterior procesión. Será o inicio da festa porque estará acompañada pola charanga ‘Costamekrelos’. Pola tarde aínda quedarán as misas das 17:00 e as 18:00.
Viño, comida e actividades para nenos
Por suposto, o viño, como en todo furancho, estará por todos lados. Tamén haberá comida típica, e moita. Zorza, orella ou tortilla de patacas son algúns dos clásicos. Servíranse en baixos de casas, alpendres e, incluso, carpas. Porque o San Blas recolle versións de furanchos 2.0 e conciliación familiar. Lugares onde se poden atopar inchables, xogos ou sesións de zumba entre outras actividades para nenos mentres os seus pais poden tomar unha cunca. O horario é libre, isto quere dicir que podes chegar pola mañá e marchar cando non poidas máis porque, seguramente, haberá algún lugar aberto ata o xoves.
Para chegar a Bembrive pódese utilizar o transporte público de Vitrasa a través das liñas 6 (horario) e 14 (horario).