O líder da categoría, o Olivo, realizou un mal partido ante o Zamora e, tras dezaséis vitorias seguidas, rachou a xeira cun empate en Navia (2-2). A formación dirixida por David Ferreiro comezou cun erro na primeira xogada do enfrontamento que regalou o tanto inicial ó Zamora. A partir de aí, o conxunto vigués tivo a posesión, pero careceu da velocidade doutros días e tamén de acerto no remate.
Aínda así, á media hora de xogo empatou o partido Clo cun bonito disparo e, a oito minutos do final, Pauleta rematou dende a frontal, o balón petou nunha defensa e chegou ó fondo da portería visitante. Quedaban oito minutos e o Olivo daba a volta o encontro. Non obstante, a punto de chegar ó final, volveu a errar en defensa e Bea aproveitou a mala saída de Sara para facer o empate e rachar o pleno do equipo vigués.
Foi a mala nova, pero o positivo é que o equipo de David Ferreiro incrementa a súa renda sobre o segundo, o Friol, que perdeu o seu partido. Agora dispón de trece puntos e ten o título no peto. Vane Hermida debutou co conxunto vigués ó ingresar no campo na segunda metade.
El Olivo: Sara Alonso, Laudith (Andrea Mariño ‘Drus’, min. 67), Nerea Carballo (Vicky, min. 75), Andrea Mirón, Carla Otero (Vane Hermida, min. 67), Xeila Márquez, Natalia Sánchez, San, Clo, Ceci, María Calvar (Pauleta, min. 56).
Zamora: Sara Gimeno (Marta Mangas, min. 83), Neli (Aitana, min. 69), Noelia Arévalo, Cristel, Cristina, Noelia ‘Abellón’, Lara Morín, Lara Pastor, Sara Fernández ‘Zizou’, Saritilla, Cepe (María Jesús, min. 84), María (Bea, min. 63).
Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez. Cartón amarelo a Vicky e Andrea Mirón.
Goles: 0-1, min. 1: María; 1-1, min. 34: Clo; 2-1, min. 82: Cristina, en propia puerta; 2-2, min. 89: Bea.
Goleada do Sárdoma para a cuarta praza
Pola súa banda, o Sárdoma realizou un bo partido no seu campo das Relfas, especialmente no segundo tempo, ante o Tordoia, un dos equipos máis débiles da categoría. A formación coruñesa ocupa a antepenúltima praza da categoría e onte encaixou oito tantos.
O equipo vigués saiu concentrado ó terreo de xogo e anotou ós once minutos de xogo, pero despois quedou parada a súa capacidade anotadora ata os últimos vinte minutos do enfrontamento. A partir dese intre, o Sárdoma encadenou sete goles con especial protagonismo de Tania Penedo, que anotou tres.
A isto é preciso engadir que a formación viguesa acadou esta vitoria cun equipo marcado polas xogadoras do filial. Toni Pazó tiña sete baixas para este partido e cinco xogadoras do filial entraron na convocatoria. Xogaron todas e, precisamente, tiveron protagonismo no tramo final no que chegaron os goles. Con esta vitoria, o Sárdoma avanza ata o cuarto chanzo do grupo I de Segunda División.
Sárdoma: Anita, Judith (Sara Porto, min. 52), Ani, Iria (Jeni, min. 78), Patri, Sandra Serrano (Paula, min. 72), Raquel Xavi, Cis (Meli, min. 58), Marta, Yaiza, Tania Penedo.
Tordoia: Marta, Leticia, Andrea, Irene, María, Selenia, Laura (Miriam, min. 63), Cintia, Rebeca, Leti Santos, Julia (Cris, min. 76).
Goles: 1-0, min. 11: Cris, de penalti; 2-0, min. 71: Patri; 3-0, min. 73: Marta; 4-0, min. 74: Tania; 5-0, min. 78: Tania; 6-0, min. 82: Yaiza; 7-0, min. 84: Patri; 8-0, min. 87: Tania.
Árbitro: Juan Luis Davila. Amosou cartón amarelo a Cintia, do Tordoia.