Practicamente en menos dun século, o museo foi quen de formar paseniñamente unha colección que supera actualmente as cincocentas creacións, algunhas delas consideradas verdadeiros fitos da plástica galega contemporánea.
A mostra presenta algunhas das súas obras e autores máis representativos e, asemade, permite facer un rápido percorrido pola arte galega durante o pasado século.
Dos exemplos máis antigos como Avendaño, Bello Piñeiro ou Lloréns até os últimos de finais de século como Leiro, Monroy ou Matamoro salientan neste percorrido os grandes mestres Laxeiro, Souto, Maside, Colmeiro, Seoane ou Lugrís.