A web 4gotas.com, que ten un apartado específico para a carreira, así o indica e tamén corrobora a predición windguru.cz. O agua caerá con forza e dificultará a carreira, aínda que, posiblemente, o peor elemento sexa o forte vento de cara. As cifras incidan que a media estará nos trinta quilómetros á hora e con refachos do dobre de velocidade.
Esta situación obrigará ós atletas a extremar as precaucións. No seu día recollemos nun artigo as precaucións necesarias nos días de choiva forte. Neste caso, o vento engade dificultades á situación porque, ó ser de cara, meterá máis frío no corpo dos corredores e tamén causará un desgaste engadido moito maior. Complicacións engadidas á choiva.
Para o quecemento, antes de buscar un correr rápido o aire libre, é moi recomendable facer exercicios de quecemento previo. A pesar que de haberá moita xente na saída, é recomendable buscar algún sitio a cuberto ou protexido do vento para realizar alí algúns estiramentos e, sobre todo, exercicios con movemento. Deste xeito, evítase saír completamente frío ó quecemento.
Os minutos previos, se é posible, facelo con roupa e tapado. Deste xeito, afórrase un tempo no que as prendas de correr non reciben auga. E isto xa é para gustos, pero o recomendable sería acudir á última hora á liña de saída porque, se chove, ficar quedo baixo a choiva pode propiciar que perdas todo o efecto do quecemento e saír cun lastre importante. Tamén é certo que a aglomeración da Vig-Bay non deixa moito marxe para facer isto.
A roupa a escoller tamén depende moito do atleta. Algúns prefiren correr cun corta-vento lixeiro ou un chuvasqueiro. Outros optan por levar manga curta, se tal camisola térmica ou manguiños, e a de correr habitual. En caso de levar chuvasqueiro ou algunha outra prenda de abrigo terá que ser fina e todo o axustada posible. Con vento en contra, o efecto vela pode dificultar moito o avance. A pesar de non existir a sensación de sede temos que beber, especialmente se optamos por unha roupa de abrigo porque o corpo vai a perder líquidos e enerxía porque estará en esforzo.
Levar unha gorra nunca está de máis porque protexe ós ollos da forza do auga e fai máis soportable a carreira. É certo que deberá estar axustada para non voar, pero se ademais do aire entra auga nos ollos, correr pode ser unha tarefa desagradable.
De tódalas precaucións indicadas, a que probablemente é mellor está ó rematar a carreira. Consiste en chegar e pasar voando pola zona de chegada para mudarse canto antes. Probablemente, o parque do final estará tapado do vento, pero a roupa estará completamento mollada. Cada minuto con tanta roupa enriba é sumar uns cantos puntos para comezar a vindeira semana cun arrefríado… Aínda que todo é relativo, se buscas unha baixiña…
Máis que nunca, correr en grupo
Algúns somos de correr en solitario e os grupos non son para nós. Non obstante, nunha Vig-Bay con estas condicións, o máis recomendable e meterse nun grupo e ir abrigadiños. Facer algún relevo e ir compartindo esforzos. Quedar só no tramo de Praia América á beira do mar pode ser ter que retirarse ó estar fundido un par de quilómetros despois. O aire de cara desgasta moito e tamén mete máis frío. Nun pelotón o esforzo diminúe de xeito notable e, o non pegar o vento, polo que a sensación térmica é moito maior. En moitas ocasións, incluso é recomendable frearse e permanecer no grupo aínda que teñas gas porque, se optas por adiantarse e ir en solitario, igual quedas sen forzas con moita celeridade e, ó final, o grupo chega a túa altura.