O dirixente ratificou as sospeitas: o estadio coruñés acollerá o encontro e o excéltico e o exdeportivista formarán tándem de adestradores. Segundo asegurou, os dous exfutbolistas están “encantados e orgullosos” de seren os encargados de confeccionar a convocatoria da que, probablemente, será a mellor selección galega de fútbol de tódolos tempos.
Igualmente, agradeceu a Celta e Deportivo a súa colaboración para que o partido saia adiante e, particularmente, gabou a “predisposición” mostrada desde A Coruña para que Riazor albergue o encontro.