Equilibrado o compromiso nos primeiros minutos, xa que o conxunto de Logroño aplicaría unha defensa moi profunda sobre a central e as laterais galegas, froito do perigo que representa Anna Manaut no Mecalia Atlético Guardés. A mobilidade de Naiara Egozkue, con todo, resultaría fundamental para outorgar unha pequena renda ao seu equipo no marcador.
O Logroño Sporting La Rioja non ía baixar os brazos con facilidade e, apoiado na súa defensa e no magnífico labor de Elena Navarro en portería, conseguía nivelar a balanza a 15 minutos do descanso. Resaltar, á súa vez, a figura de Zulema González na ofensiva do conxunto de Logroño, clave para manter o marcador axustado ata o minuto 22 da primeira metade.
O Mecalia Atlético Guardés intensificaría a súa defensa sobre as lanzadoras rivais, multiplicando as perdas de balón do Logroño Sporting La Rioja e facilitando os contragolpes de Naiara Egozkue, mortal en cada un deles. Ascorbe tiña que parar o reloxo para acougar ás súas xogadoras, algo que fornecía o efecto buscado porque o seu equipo, ao cabo, conseguía equilibrar o marcador (10:10) antes de abandonar a pista ao descanso.
Lonxe de especular, o Mecalia Atlético Guardés regresaría a pista no segundo acto coa intensidade necesaria para abrir unha brecha no marcador. Así, en menos de 6 minutos, a diferenza entre un equipo e outro ascendía a cinco tantos. O Logroño Sporting La Rioja non quería ceder terreo, pero a defensa do conxunto galego impoñía a súa lei sobre o 40×20 de Porriño e a distancia no marcador empezaría a crecer sen control.
Implacable, o Mecalia Atlético Guardés acabaría por dobrar ao seu rival no marcador a 10 minutos do final, así ata pechar o choque con 13 goles de vantaxe.
Logroño Sporting La Rioja (10+5): Cristina Tornero, Gabriela Nicholls (1), Lucía Ladrera, Sara Sicilia (1), Cristina Gabaldón, Zulema González (5), Marta Olarte (1), Raquel Castell, Natalia del Olmo, Lidia Novella, Raquel Benito (1), Elena Navarro, Andrea Álvarez, Neus Llorens, Masha Boklashchuk (3), Andrea Roda (3).
Mecalia Atlético Guardés (10+18): Cristina Maestro, Marta Pombal (1), Lidalva Nizinga, Naiara Egozkue (4), Estela Doiro (2), Paula García (1), Ana Isabel Tornero (1), Sheila Josefa, Inés Hernández, Maura Fernández (3), Alesia Kurchankova (8), Haridian Rodríguez (5), Estela Carrera, Anna Manaut (3), Nuria Benzal.
Parciales: 2-3, 3-5, 5-5, 6-6, 8-9, 10-10 (descanso), 10-14, 11-18, 12-19, 12-23, 14-25 e 15-28.