Esta marcha chega á sétima edición e partirán ás 10:30 horas dende a Capela de San Xosé de Prado, en Morgadáns, en Gondomar. A pesar de que os organizadores confeccionaron un percorrido de baixa esixencia por camiños forestais, tamén haberá unha alternativa de 8.000 metros e de menor dificultade.
Ó rematar a andaina, a partir das 15:00 horas, ofrecerán unha actuación Rena Renato, animador sociocultural; Mónica de Nut e Luis Martínez, Manolo Pipas e A Bagunda. Orquestra Autóctona Republicana. Pola Defensa da Serra do Galiñeiro é unha iniciativa que agrupa a 14 colectivos veciñais, sociais e deportivos.
A marcha está convocada para defender os «usos tradicionais que resultan de vital importancia para a conservación dos valores ambientais da serra, que deberán ser preservados e promovidos dende as administracións o día que esta acade por fin a protección legal que merece». O colectivo organizador quere poñer de manifesto a súa preocupación polas «agresións cotiás que a serra está a sufrir en forma de pistas, depósitos de entullos, vehículos a motor, ruído, alteracións dos diferentes hábitats… Sigue a pender sobre ela a posibilidade dun polígono eólico e unha explotación mineira».