Nos vindeiros días procederase á adxudicación dese segundo segmento, o que permitirá iniciar os traballos correspondentes este mesmo exercicio. Ademais, no Goberno galego tamén se está a traballar na redacción do proxecto construtivo do treito terceiro.
Vázquez informou de que este ano haberá avances no planeamento relativo a esa zona, entre o enlace de Meira e o primeiro de Cangas. A entrega do por parte do equipo redactor está prevista para o mes de xullo, o que permitirá, a continuación, proceder á súa supervisión.
Mentres tanto, os labores céntranse no primeiro tramo, onde xa se procedeu á roza, estase a realizar o movemento de terras e autorizouse o proxecto arqueolóxico, que recolle medidas de especial protección para minimizar a afección aos restos existentes na zona onde se acometerá o túnel de Montealegre. Actualmente están a traballar nesta infraestrutura 32 persoas e nove máquinas.