Son uns precios asequibles co obxectivo de dar facilidades a todos os afeccionados para que poidan asistir a este encontro histórico no que volve a nosa Selección Absoluta logo de oito anos de ausencia. Os afeccionados poderán ver en acción á gran xeración de futbolistas galegos (Lucas Pérez, Iago Aspas, Sergio, Mosquera, Denís Suárez, Lucas Vázquez, Hugo Mallo, Jonny, Joselu…) fronte a toda unha selección que vai a disputar en xuño a Copa América Centenario en Estados Unidos. A “Vinotinto” estará en Galicia con todas as súas estrelas, como Salomón Rondón, Rincón, Vizcarrondo, Peñaranda, Juanpi ou Miku. E con Dudamel estreándose no cargo de seleccionador.
As entradas poñeranse á venda nos vindeiros días e haberá diferentes vías para poder adquirilas.
- Mediante taquilla online do mesmo xeito que se compran as dun partido de liga. Comprando directamente nas distintas sedes da Federación (sede central na Coruña e Delegacións en Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo).
- Venta en taquilla en Riazor o propio día do partido.
Ademais, para unha mellor distribución dentro do Estadio, a Federación vai a facilitar a venda conxunta para grupos de siareiros ou peñas, co fin de que se poidan ubicar na mesma zona. Neste sentido, todos os colectivos interesados poden poñerse en contacto coa Federación Galega para facer as súas solicitudes.