O convenio contempla unha axuda máxima de 600.000 euros para os traballos necesarios de adecuación destas tres plantas como clases, despachos e salas para o desenvolvemento dos cursos. Tamén recolle outra subvención de 200.000 euros para a dotación de mobiliario e demais servizos.
Esta actuación enmárcase no protocolo oficial acadado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo o pasado mes de novembro polo que se regulan as inversións da institución provincial na cidade olívica e que establece que estás deberán ser fixadas mediante os correspondentes convenios independentes.
A Aula de Vigo da UNED, no acordo de creación de 2012, en principio, titorizaría as ensinanzas do curso de acceso directo a universidade para maiores de vinte cinco anos e organizaría actividades non regradas para alumnos da cidade e a súa zona de influencia.
A titorización dos novos grados de Dereito, Educación Social, Enxeñería Informática, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Turismo, Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia e Historia da Arte fixeron que o consistorio vigués decidira trasladar as súas instalacións ao Mar de Vigo e dispor destas tres plantas para as súas dependencias.
Nesa mudanza tamén influíu a titorización das actividades non regradas incluídas nos programas da UNED de Extensión Universitaria e Cultural, UNED Sénior, Cursos de Verán e Cursos do Centro Universitario de Idiomas a Distancia.
Artículos relacionados:
La UNED de Vigo impartirá 13 carreras el próximo curso
El Concello comunica a la UNED el traslado al Mar de Vigo
Aprender lengua de signos en la UNED de Vigo