Segundo informou o 112, debido aos materiais químicos cos que se traballaba na nave, foi preciso activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1, así como, tamén en fase de alerta o Plan de Contaminación Mariña de Galicia (Camgal) para evitar calquera episodio contaminante. Así mesmo, permanece despregado no Porto de Domaio, a Unidade do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias, dende onde se coordina todo o operativo.
O lume provocou problemas de visibilidade e obrigou a interromper o tráfico na AP-9 e na PO-551 que, a esta hora, xa está totalmente restablecido. Pese a que, a situación está controlada os servizos de emerxencia continúan no lugar ata dar por finalizada a súa extinción. O CAE 112 Galicia nada mais ter constancia do suceso sobre as 18:00 horas da tarde de onte, púxo en marcha o operativo no que participaron distintas dotacións de Bombeiros do Morrazo, Salnés, Vigo, Baixo Miño, efectivos de Protección Civil de Moaña, de Cangas, Vilaboa, Caldas de Reis, Forzas da Orde, Medio Ambiente, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria, Urxencias Médicas e o Servizo de Autoestradas.