O persoal de Cespa Xardíns e Forestais, integrado por 109 persoas, rexistrarán a convocatoria de folga no Concello este venres ás 11.30 horas, coa idea de que o paro se inicie o vindeiro luns 10 de novembro. A decisión foi adoptada por maioría dos empregados/as na asemblea celebrada hoxe diante do consistorio ao remate da mobilización convocada no interior do edificio.
O motivo da protesta é forzar unha xuntanza co edil responsábel do servizo para abordar os cambios introducidos no prego de condicións do concurso público de adxudicación e abordar o futuro laboral dos empregados/as, que manteñen concentracións diarias no interior da lonxa do Concello.