Tras o preacordo acadado na reunión do venres entre o edil de Fomento, David Regades, e responsables de Fomento en Galicia, este luns o alcalde anunciou que se acordou a humanización da Avenida de Madrid, nos seus tramos, forma e anteproxecto, incluíndo a ampliación das beirarrúas e unha mediana axardinada central que substitúa definitivamente ás reixas.
Explicou Caballero que nunha reunión bilateral, pendente de data, con Ana Pastor definirase o escenario definitivo dous dous que se barallan: un de seis e outro estimado en nove millóns de euros de investimento. O rexedor vigués avanzou que solicitará a humanización de toda a Avenida, do Seminario á Praza de España, e amosou a súa confianza en que se poida asinar o convenio «de forma inmediata».
O alcalde de Vigo celebrou o preacordo, valorouno como unha «moi boa nova» para a cidade, mais aseverou que «se un levanta o pe da presión, as cousas se difuminan».