Abel Caballero amosou a «súa satisfacción» porque o convenio co Ministerio de Fomento para remodelar a Avenida de Madrid está pendente unicamente da pertinente tramitación administrativa. Segundo explicou, o texto está «moi adiantado» e podería ser asinado en «dez ou quince días». O convenio determina que o Ministerio de Fomento achegará 7 millóns de euros -ademais de recuperar as baixas que se poideran producir na licitación- e o Concello asumirá os tres millóns restantes.
Tras o preacordo acadado na reunión do 13 de maio entre o edil de Fomento, David Regades, e responsables de Fomento en Galicia, o alcalde anunciou que se acordou a humanización da Avenida de Madrid, nos seus tramos, forma e anteproxecto, incluíndo a ampliación das beirarrúas e unha mediana axardinada central que substitúa definitivamente ás reixas.