A firma viguesa ven de renovar o seu compromiso con varios olímpicos vigueses, clubes e deportistas de modalidades minoritarias. Máis que Auga presta apoio económico ou para adestramento a máis de 50 grandes deportistas da cidade, dos que recibe a cambio asesoramento e respaldo á divulgación da práctica do deporte saudable.
Máis que Auga acadou en maio a cifra de 19.096 socios, superando por vez primeira as 800.000 entradas nos últimos doce meses. A firma, de capital 100% vigués, consolídase como a líder en servizos deportivos na cidade e aínda ten capacidade para poder duplicar a cifra de clientes en cinco anos. Máis que Auga ten desembolsado un investimento de 28 millóns de euros en 28.000 metros cadrados de instalacións e duplicou o seu plantel de profesionais, con 120 técnicos deportivos, monitores e personal de atención aos clientes.
O incremento da práctica deportiva se constata nos tres centros Máis que Auga (Coia, Barreiro e Navia), en tódalas franxas horarios e en casi todas fitnes) “mais especialmente en todos os novos servizos que estamos a prestar, como Máis que Peques, campamentos de verán, Academia de Pádel”, explica o director deportivo de Máis que Auga, Francisco Cortegoso.
Por tratarse dunha concesión pública do Concello de Vigo, Máis que Auga dispón de prezos regulados por tarifas municipais, polo a pesares da amplitude e calidade das instalacións e do personal, ofrecee abonos a prezos baixos e populares.
Entre os deportistas asistentes ao acto e cos que Máis que Auga mantén acordos de colaboración se inclúen os seguintes:
Susana Rodríguez Gacio, patriatleta viguesa elexida a mellor de 2015, olímpica en Río 2016.
Chano Rodríguez, nadador, cinco veces campión paralímpico. Olímpico en Río 2016.
Antonio Serrat, triatleta vigués de gran proxección.
Carlos Pérez ‘Perucho’, piragüista, campión olímpico.
CD Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas.
Celta Feminino de Baloncesto.
Club Baloncesto Vigo masculino.
María Bautista, mestra de taekwondo en Máis que Auga, premio 2015 á mellor árbitro galega de todas as disciplinas deportivas (por segundo ano) e mellor árbitro española 2015 a nivel internacional.