Sete horas máis tarde da chegada de Márquez cruzou a liña de meta o último dos 88 bikers que completaron esta proba. Os outros corredores que acadaron os maillots de campións de Galicia foron Delmiro Rodríguez (Burgas Bike) en Master-30; Jorge Novoa (As Pontes) en Master-40; Gonzalo Sestelo (A Lamprea) en Master-50/60 e Ana María González (Vagalume) en mulleres.
En total, a inscrición alcanzou os 305 participantes, que se dividiron entre a proba Ultramaratón, a Maratón de 100 kilómetros e unha ruta popular de 50 kilómetros. O pistoletazo de saída deuse ás 8:00 horas da mañá dende a alameda da vila medieval de Noia.
Case todos os pronósticos apuntaban ao triunfo de Márquez e o vigués ofreceu un recital nos montes da comarca do Barbanza. O vixente campión de España nesta distancia rodou a unha velocidade media de 25,66 kms/hora e aventaxou en máis dunha hora ao segundo clasificado, o master-30 Delmiro Rodríguez. O terceiro en rematar foi o master-40 Jorge Novoa, mentres que ao podio elite tamén subiron Fernando Guerra (Os Esfola Arrós) e Víctor González (Monteneme).
En mulleres, a master-40 Ana María González impúxose por diante da master-30 Silvia García (Bici Verde) e da elite Veronica Montes (Betanzos). O tempo acompañou e os participantes, un 20% máis que na primeira edición da Gran Ruta Celta, que remataron na súa maioría “moi satisfeitos. Non houbo problemas coa sinalización e toda a loxística que supón unha proba desta magnitude pola súa distancia”, indicou Antonio Toribio, organizador do evento.