O PSOE de Redondela criticou este luns a proposta da Autoridad Portuaria de Vigo para desmantelar o cargadoiro de Rande. «No pasado mes de decembro os socialistas presentaban una moción para recuperar o patrimonio industrial de Redondela, concretamente do cargadoiro de Rande. Apostaban por mellorar e rehabilitar a estructura recuperando así parte do ser patrimonio histórico. Esa moción foi aprobada por unanimidade polo pleno do Concello de Redondela. Meses máis tarde, concretamente o pasado 24 de Maio, os socialistas preguntaban no pleno polas xestións realizadas por parte do equipo de goberno. A resposta obtida non aclaraba as dúbidas dos socialistas, pois o equipo de goberno limitouse a dicir que estaban a espera de declarar BIC o entorno do castelo de Rande», explican os socialistas.
A Autoridade Portuaria ven de comunicar que pensa trasladar os barcos en mal estado ao antigo cargadoiro de Rande, «convertendo de este modo un ben histórico da zona nun vertedoiro de barcos, un vertedoiro situado en Rede Natura 2000. Se os barcos “afean” o porto de Vigo non se pode permitir que se trasladen a este punto situado a carón do museo Meirande, na ensenada de San Simón e parte da Rede Natura, un esparzo natural que debe protexerse, a pesar de que a Autoridade Portuaria parece esquecerse de todo isto».
O concelleiro Leonardo Cabaleiro declara “nin 15 días pasaron dende a nosa pregunta e xa nos atopamos con esta nova” e engade “levamos anos apostando por este entorno e non podemos consentir que a Autoridade Portuaria faga esta atrocidade, o PP debe loitar polos intereses de Redondela e cumprir os acordos plenarios”. Os socialistas aclaran que pola súa banda non descartan realizar as accións oportunas para impedir «esta atrocidade».